
Para poder protexernos dos diversos tipos de ataques dos cales podemos ser obxectivo, temos unha serie de ferramentas que nos preveñen deles.
Chamamos co nome xenérico de MALWARE (
malicious software), a todo aquel programa, arquivo, mensaxe, etc. que é potencialmente perigoso para
o noso sistema e os datos que contén, podendo deixarnos todo elo inutilizado por completo, ca conseguinte perda de información.
Este tipo de ameazas, dependendo do xeito que se propagan e traballan, podemos diferencialas en varios tipos, como poden ser virus, troianos,
spyware, spam, phising, bermes, backdoors, keyloggers ou rootkits.
Para poder conquerir algunha destas ferramentas de protección, premer na imaxe correspondente, a cal nos levará á páxina de descarga.
· G Data (Versión de proba)

Este potente software corporativo de orixe alemana, ofrece dous motores de busca diferentes e moi eficaces, que incluso a pleno rendemento, consumen
moi poucos recursos de memoria RAM, permitindo ó sistema traballar con total soltura e seguridade.
· Bit Defender (Versión de proba)

Unha moi boa solución que inclúe na súa versión máis completa tódalas ferramentas de detección e eliminación de todo tipo de Malware, e que ademáis
conta con sistemas de protección tipo cortalumes, ou control parental entre outros.
· AVG Free (Versión de balde)

Potente aplicación de balde de detección e eliminación de diversos tipos de Malware, a cal nos ofrece protección en tempo real, antivirus e antispam
entre outras diversas opcións como poden ser a comprobación de páxinas web.
· Avira Antivir (Versión de balde)

Outra moi boa aplicación de balde que pode axudarnos a protexer o noso equipo das infeccións producidas por diversos tipos de Malware.
Moi útil para usuarios domésticos que aceden a aplicacións online de xogos ou mensaxería.
· Superantispyware (Versión de balde)

Superantispyware é unha aplicación de balde que trata de detectar e eliminar todo tipo de software malicioso nas súas variantes de tipo troianos, bermes e spyware.
É un bo complemento a un antivirus, non unha solución definitiva.