·  Ver en Castellano  ·

CRS Asistencia Informatica




Windows XP
De xeito predeterminado, instalamos e configuramos un sistema operativo Microsoft Windows ® no seu computador, totalmente optimizado para poder funcionar ca maioría dos plugins multimedia certificados.

Soemos recomendar o sistema Windows XP Professional SP3, xa que pensamos que é a mellor opción para utilizar nun sistema doméstico pola súa fiabilidade e estabilidade, así como pola súa compatibilidade con todo tipo de periféricos e de software, ademáis de ter unha sinxela e amigable interface de traballo moi doada de manexar.

Windows 7
Tamén instalamos e configuramos o novo sistema Windows 7. Inda que moitos usuarios non estean afeitos a él, debido en parte á grande cantidade de cambios efectuados comparado con outros sistemas anteriores, podemos axudarlle a comprender mellor o funcionamento da súa nova e avanzada interface. Se lle interesa utilizar este estable e moderno sistema operativo, podemos adquirilo nos mesmos e tamén nos encargaremos de instalalo e de rexistrarllo legalmente.

Pode ver unhas capturas de pantalla do entorno gráfico de Windows XP e Windows 7 premendo nas imaxes correspondentes.


       







Tux
Instalamos e configuramos axeitadamente o sistema operativo GNU-Linux na súa computadora, só ou na compaña do seu Windows ® favorito. Soemos usar as distribucións OpenSuSE e Ubuntu máis recentes, xa que sabemos por experiencia que son das mellores tanto pola súa estabilidade como pola súa grande cantidade de aplicacións, ademáis de ter unha sinxela e amigable interface de instalación, e varios entornos gráficos de traballo moi avanzados tecnolóxicamente.

Ubuntu
Se lle interesa probar este punteiro sistema operativo, póñase en contacto con nós e informarémolle detalladamente sobre as súas características, e no caso de que decida instalalo procuraremos deixarllo en perfecto estado de funcionamento.

Pode ver unhas capturas de pantalla do entorno gráfico GNU-Linux premendo nas imaxes correspondentes.


           





Copyright © 2006 CRS Asistencia Informática CRS Asistencia Informática. Deseño e desenrolo .