Arquivo de novas - Ano 2001
Seleccione o ano ó que desexe aceder:
2008 |
2007 |
2006 |
2005 |
2004 |
2003 |
2002 |
2001
Uns descoñecidos causaron danos no interior da igrexa de Carreira.
· La Voz de Galicia, 20/09/2001
Caixóns da sancristía abertos, obxectos siscados polo chan e a porta principal aberta de par en par ca pechadura sen forzar.
Iste era o xeito que presentaba a igrexa de Carreira onte á primeira hora da mañá. Uns descoñecidos causaron os
desperfectos pola noite, pero, nun intre, o cura Ricardo Villaverde Gondar non botóu nada en falta.
Sí desaparecéu o teclado dun computador da asociación que xestiona o cemiterio de Carreira e Aguiño, da que a súa
sede está nun edificio anexo ó templo (...)
(...) Onde sí houbo roubo e sí se forzóu a porta de aceso foi nun edificio a carón da igrexa que serve de oficiña
para a asociación Pax. Ademáis dun apreciable desorden, o presidente da entidade, Xoan Ventoso, atopóuse onte con que
faltaba o teclado dun computador. Estaban, a pantalla e a unidade do disco duro, así coma unha máquina de escribir
eléctrica. O cura de Carreira relacionóu ista sustracción «cun roubo cometido recentemente nun colexio da localidade.
Naquela, os ladróns leváronse tres computadores», manifestóu Ricardo Villaverde. Pola contra, axentes da Policía
Nacional de Ribeira acudiron ó lugar dos feitos para investigalos.
O executivo recuperará tres núcleos rurais de Ribeira.
· La Voz de Galicia, 24/03/2001
Os núcleos nos que se facerán traballos de recuperación son os de Vixán, en Carreira; Espiñeirido, en Corrubedo; e Outeiro,
na parroquia de Artes. As obras, financiadas cunha aportación do plan Proder, consisten na instalación de servizos básicos
para mellorar as condicións de vida da poboación.
Ademáis de repararse as vías de aceso, vanse restaurar os muros de pedra, peches de vivendas tradicionais e cubertas de
edificacións. O proxecto ten previsto, asemade, a instalación de elementos ornamentais nalgúns portais para mellorar o aspecto
estético que presentan estes lugares. En Outeiro e Espiñeirido repararánse, ademáis, dúas fontes públicas nas que a pedra
está en mal estado. Neste último caso porase unha pileta nova no surtidor, poránse caños, así como unha peza de granito
que substituirá á deteriorada.
O investimento máis elevado é o que se fará en Carreira, máis de dezaoito millóns de pesetas; mentras que nas outras
dúas faceranse traballos por importe superior ós trinta millóns. As obras terán que rematar no prazo de catro meses
unha vez se faga a adxudicación.
Constitución da escola taller Illa de Sagres.
· La Voz de Galicia, 21/10/2000
A escola taller ribeirense, bautizada co nome de Illa de Sagres, é xa unha realidade, inda que non se estreará ata o 1 de decembro.
O executivo, que asinóu o convenio ca Consellería de Familia o pasado xoves, presentóu onte o proxecto en sociedade.
Cun investimento de 115 millóns de pesetas (691,163 euros), dos que a Xunta aporta cen, proporcionará emprego a nove persoas
e formación a 45 xóvenes menores de vintecinco anos. Nun prazo de ano e medio, os alunos deberán edificar un centro de interpretación
arqueolóxica en Couso. No futuro, dito lugar exhibirá reproducións de pezas arqueolóxicas.
O centro formativo ribeirense comezará a funcionar en decembro e terá a súa sede social na Casa da Cultura de Carreira.