Arquivo de novas - Ano 2003



Seleccione o ano ó que desexe aceder:

             2008  |  2007  |  2006  |  2005  |  2004  |  2003  |  2002  |  2001



Unha firma coruñesa xestionará os servizos do parque dunar.

· La Voz de Galicia, 05/12/2003

C.I.E.L.G.A. Durante os últimos dous anos, a empresa do Grove Área Temática do Mar fíxose cargo da xestión de servizos do parque natural do complexo dunar de Corrubedo, un traballo que dende agora desempeñará a firma coruñesa Ingesan Sau. Ista compañía fíxose ca adxudicación do concurso convocado no agosto pasado pola Consellería de Medio Ambiente (...)

(...) Unha das condicións impostas por Medio Ambiente no plego de condicións da adxudicación é que a empresa concesionaria debe por en funcionamento os oito acuarios que hai no complexo natural de Ribeira. Trátase dunhas seis piscinas cunha capacidade preto ós tres mil litros e de outras dúas que roldan os dez mil e os quince mil.



Arreglos no colexio de Pé do Corniño.

· Actividade Municipal, 19/09/2003

Descargar arquivo en formato .pdf
   Solicitude presentada no pleno do Concello.
   Descargar o arquivo correspondente (PDF - 136 kb).



Posta en marcha dos muíños do parque natural.

· La Voz de Galicia, 02/05/2003

Posta en marcha dos muíños Primeiro de maio, ningunha outra data podería resultar máis apropiada para que os restaurados muíños de auga do parque natural do complexo dunar de Corrubedo voltasen a moer millo para convertelo en fariña ca que facer o pan de broa.

A tradición dos muiñeiros ribeirenses está a salvo, e índa o estará máis. Segundo anuncióu Torres Colomer, o delegado de medio ambiente, Xosé Manuel Álvarez, comprometéuse a recuperar tódalos muíños existentes neste lugar de Carreira, que onte se convirtéu nunha festa na que o presidente da comunidade de propietarios do parque natural, Xoan Ventoso, desvivíase por atender a tódolos presentes.



Resultados do Plan Galicia en Carreira...

· El Mundo, 24/01/2003

O Plan Galicia polo chan... Despóis da catastrófica marea negra provocada pola mala xestión das autoridades «competentes» no rescate do petroleiro pirata Prestige, o Goberno do Estado Español, decide dar un empurrón ó desenrolo de Galicia ca creación de grandes infraestructuras para poñernos á altura doutras comunidades máis desenroladas.

A parroquia de Carreira, ten pouca costa, pero TODA foi brutalmente tocada polo chapapote. Inda que os areeiros de Anquieiro e O Vilar estan case que recuperados, as rochas seguen cheas de piche por tódolas partes.

Non se veu ningún xeito de inversión compensatoria, aparte da indemnización que recibiron os mariñeiros afectados polo paro forzado ó que se viron obrigados.

Se moitos cidadáns confiaron en que dito plan trouxese algo de prosperidade á parroquia, que se vaian esquecendo do tema, como parece ser tamén se esqueceu o Executivo de Madrid...

Máis información...