Arquivo de novas - Ano 2004



Seleccione o ano ó que desexe aceder:

             2008  |  2007  |  2006  |  2005  |  2004  |  2003  |  2002  |  2001



Os arqueólogos comezan a escavación do castro costeiro do Porto de Baixo.

· La Voz de Galicia, 16/12/2004

Castro do Porto de Baixo Un equipo de arqueólogos comezóu a escavación do castro do Porto de Baixo, un xacemento costeiro situado no lugar da Graña e que forma parte do complexo do Parque Natural. A actuación, que está incluida nun proxecto do Executivo para a posta en valor dos restos arqueolóxicos do concello ribeirense, desenrolarase en dúas fases e terá un coste total de 360.000 euros. De sufragar a intervención encárgase Patrimonio.

Os traballos desenrolados ata o intre polos expertos permitiron sacar á superficie unha parte da muralla que rodeaba o conxunto histórico. A construcción, que posúe unha morfoloxía ovoide e é similar ó castro de Porto Nadelas, emplazado na parroquia sonense de Queiruga, está situada sobre unha pequena península que se adentra no mar e que está entre dous portos naturais.

As primeiras estimacións apuntan a que a muralla posúe unha altura preto dos tres metros, e un grosor de cinco. O peche foi feito con finas laxes formadas por unha pedra moi grosa. O castro do Porto de Baixo é un asentamento fortificado con defensas artificiais no sector do recinto que está ligado a terra. Trátase, segundo os especialistas, dun xacemento singular e considérase que ca súa escavación poderán obterse datos sobre as sociedades productivas da Idade do Ferro e sobre grupos humáns relacionados ca extracción e manexo de productos mariños.



Costas destiña 3,5 millóns de euros ó parque natural.

· La Voz de Galicia, 27/11/2004

Prema para ampliar O parque natural de Ribeira será sometido a un intenso proceso rexenerativo que tén por obxecto rematar ca merma dos valores ambientais rexistrada nos derradeiros anos, como é o proceso de colmatación que sofren dous dos seus hábitats máis siñificativos: as lagoas de Carregal e Vixán.

A actuación, financiada con 3,5 millóns de euros por Costas, pretende preservar este espazo sen renunciar a que poida ser visitado por naturistas e curiosos en xeral. As dúas intervencións máis delicadas efectuaranse nas masas de auga de Vixán e Carregal, que serán sometidas a un proceso de anovamento.

Polo que respecta a Vixán, o proxecto prevé o deseño dunha zona de protección de 50 metros de anchura, a eliminación da parte máis densa do carrizal e o aumento da masa ocupada por auga en sete mil metros cuadrados. Tamén aquí se propón a retirada de 7.300 metros cúbicos de materiais acumulados.

O estudo, que está en fase de exposición pública, prevé que calqueira intervención nos humedais se faga baixo a supervisión dos especialistas e con especiais cautelas. Ademáis, suxírese que a intervención sobre as lagoas se leve a cabo no mes de setembro porque nesa época do ano o sistema é menos sensíbel ás influencias externas.



Problemas no servizo de Correos en Carreira.

· Actividade Municipal, 16/11/2004

Descargar arquivo en formato .pdf
   Solicitude presentada no pleno do Concello.
   Descargar o arquivo correspondente (PDF - 153 kb).



Operarios do Concello reparan unha rúa en Carreira.

· Carreira, outubro do 2004

Parcheado da rúa No seu empeño por mellorar as infrestructuras das parroquias pertencentes ó Concello, o executivo local realizóu o asfaltado dunha rúa situada no lugar de Pedriñas (Carreira), co fin de mellorar o acceso en automóbil ás vivendas situadas en dito lugar. Deste xeito, dase un forte impulso á renovación do pavemento, dándolle un aire de modernidade e de eficacia, propio do século XXI, e dunha Europa en constante desenrolo.

Como se pode apreciar na imaxe, a capa de asfalto é do tipo "duratodaavida", o mellor do mercado neste tipo de conglomerados. Deste xeito evítase a rompedura de palieres e amortiguadores, e asegúrase que a banda de rodadura dos neumáticos sairá beneficiada e xerará menos ruídos.

Nota: O firme de cemento que se ve, é do ano 1967. Unha mágoa que nos traten así...



Erros graves na páxina web oficial do Concello de Ribeira.

· Ribeira, xuño do 2004

Erros na páxina web do Concello Durante o ano 2004, o Concello de Ribeira renovóu a súa páxina web oficial, www.riveira.com. Cun deseño innovador respecto ó anterior portal municipal, a páxina chama a atención polos cartos que custóu (case que 12000 euros), pola inutilidade dos servizos ó cidadán (non funcionan), e pola grande cantidade de erros que tén no seu contido. Hai un apartado que dí o seguinte: «Porfavor notifica erros de funcionamento ou consulta dúbidas do Web nos seguintes medios», e indica un teléfono máis un e-mail. Ata ahí ben...

No apartado Igrexas, non aparece por ningures a parroquial de Carreira; esta é, a igrexa de San Paio, situada no lugar de Sampaio (Frións). En cambio sí aparece no apartado adicado ás capelas, xunto cas da Guía ou de Santo Alberte entre outras. Asemade dí textualmente o seguinte: «Nun principio era a Igrexa capital da parroquia de Carreira, pero dende hai dous anos, esta e Castiñeiras fundíronse nunha soa administración parroquial».

As cuestións son:
a) ¿Quén convirtéu a Igrexa parroquial en capela?
b) ¿Se antes era la igrexa capital da parroquia, cál é agora?
c) ¿Somos de Castiñeiras os cidadáns de Carreira?

Despóis de notificar á empresa que realizóu a páxina para que correxise estes erros, a resposta que enviaron foi que os textos foron escritos por historiadores locais que coñecen moi ben o tema, corrixidos polo Concello e que non hai nada que cambiar.