Arquivo de novas - Ano 2005
Seleccione o ano ó que desexe aceder:
2008 |
2007 |
2006 |
2005 |
2004 |
2003 |
2002 |
2001
Unha lesión non permitiu xogar a Fran.
· Santiago de Compostela, 29/12/2005
Día histórico para o balompé en Galicia. Dende o ano 1936 non había un partido oficial da selección galega de fútbol absoluta.
Grazas ás xestións do novo goberno autonómico, por fin se puido materializar esta demanda que a sociedade galega levaba
reclamando nas últimas décadas, e que o anterior presidente da Xunta se negaba a conceder.
O primeiro partido da nova etapa deste equipo galego, foi contra a selección do Uruguai, dobre campiona do mundo,
e o resultado foi favorable ós galegos por 3 goles a 2.
Algo que nos enchéu de mágoa ós habitantes de Carreira, é que o capitán do combinado nacional galego, por mor
dunha lesión inoportuna non puido ser o ex-deportivista Fran, un dos mellores xogadores europeos de tódolos tempos,
mal que lles pese a moitos. Índa así, noraboa Fran, noraboa Galicia.
Carreira na Wikipedia.
· Internet, 03/12/2005
Dende o día 3 de decembro deste ano, e grazas ás aportacións realizadas por carreira.info, xa se pode atopar información sobre a nosa parroquia
na enciclopedia online de dominio público Wikipedia, máis en concreto nas súas versións en galego (Galipedia), e máis nas correspondentes
en castelán e en inglés.
Como se diría en linguaxe máis coloquial, «xa aparecemos no mapa».
Medio Ambiente aposta por suprimir os cultivos xunto á lagoa de Vixán.
· La Voz de Galicia, 05/11/2005
A Consellería de Medio Ambiente amósase partidaria de eliminar ou reducir os aproveitamentos agrícolas que se desenrolan no
contorno da lagoa de Vixán, ubicada no parque natural de Corrubedo, por considerar que estes usos son incompatibles ca conservación do humedal.
Este departamento autonómico, segundo indicóu a deputada nacionalista para a zona da Barbanza, Ana Pontón, apoia a idea de adquirir
os terreos colindantes á Vixán e pagar indemnizacións polo abandono da actividade.
Na opinión dos responsables de Medio Ambiente, a existencia de cultivos como o millo modifican as condicións do depósito natural de auga.
Ademáis de suxerir a diminución de cultivos, a consellería é contraria a que se corte o carrizo no humedal porque, segundo a
explicación ofrecida por José Benito Reza, este tipo de hábitats son moi raros no eido territorial da Rede Natura 2000.
O organismo autonómico cree que os carrizais son fundamentais para o normal desenrolo da lagoa e afirma que a súa eliminación
provocaría alteracións que favorecerían inda máis a perda de auga.
Tamén suliña que os carrizos posúen unha grande riqueza ornitolóxica.
Debate público sobre os incendios forestais.
· Ribeira, 22/10/2005
O vindeiro sábado 22 de outubro no auditorio municipal de Ribeira, ás 19:00 horas vaise desenrolar un debate público sobre o
tema dos incendios. Logo da praga que asolou durante todo o verán a moitas comarcas do país, incluída o Barbanza, expertos
afondarán sobre as causas e sobre de todo en como evitalos.
Asistirán os seguintes convidados:
- Representante da mancomunidade de montes de Carreira.
- Representante da Asociación Forestal de Galicia.
- Representante de ADEGA.
- Representante da Consellería do Medio Rural.
No debate, haberá un tempo para que poida participar o público presente.
Organiza: Asociación Cultural Altofalante.
As obras no cemiterio de Carreira deixan ó descuberto varias oseiras.
· La Voz de Galicia, 11/10/2005
Varios veciños de Ribeira leváronse unha desagradable sorpresa o pasado fin de semán cando foron ó cemiterio de Carreira para
venerar ós seus seres queridos. Ó chegar ó camposanto comprobaron que estaban destapados alomenos media ducia de oseiras,
polo que, inesperadamente, algúns cidadáns atopáronse ca visión dun esqueleto no sitio da imaxe ca lousa pétrea.
A causa de que as oseiras quedasen ó descuberto debéuse á realización dunhas obras no adro sagrado.
Na necrópole comezóuse a construcción dunhas lousas que, unha vez postas, discurrirán xunto ás colunas dos nichos.
Segundo explicaron onte varios veciños que teñen familiares enterrados en Carreira, a empresa retiróu as cubertas dos
depósitos nos que se gardan os osos extraídos das sepulturas para continuar os traballos. Nembargantes, chegóu a fin de
semán sen que os operarios completaran esta fase da actuación e, ó parecer, non tiveron a precaución de cubrir de novo
os nichos para impedir que quedasen á intemperie.
O domingo pola tarde, algúns residentes, ó atoparse de frente cos restos de familiares ós que deran sepultura fai tiempo,
non puideron evitar soltar un berro. Asemade, persoas que nese intre se atopaban alonxadas do coñecido cemiterio vello,
onde se retiraron as lousas, escoitaron as exclamacións e acudiron ó lugar para ver qué pasaba.
Incendio na lagoa de Vixán.
· La Voz de Galicia, 09/10/2005
Un incendio (presuntamente provocado) de tamaño considerable prodúxose nos terreos da lagoa de Vixán o pasado domingo día 9 pola tarde.
Ante a grande dimensión e rapidez de propagación das chamas, os bombeiros de Ribeira non foron capaces de sofocar o lume e tiveron que
pedir reforzos aéreos, sendo axudados por un hidroavión do exército do aire, o cal logo de varias pasadas rematou co lume.
O lume comezóu no lugar de Espiñeirido, preto da Graña, e foi rápidamente estendéndose cara á xunqueira da lagoa, onde queimóu gran
parte do carrizal da mesma, danando inda máis este espazo protexido, logo de que estea case que sen auga e cunha fauna que vai indo a menos..
Eclipse solar anular.
· Toda a prensa, 03/10/2005
O día 3 de outubro do 2005 prodúxose un eclipse solar anular que atravesóu en liña diagonal a península Ibérica.
Iste fenómeno non se producía nesta parte do continente dende o ano 1764, e non voltará a observarse en toda a súa mañitude en Galicia ata o ano 2082.
O eclipse comezóu ás 10:52 hora local, e tivo unha duración duns 20 minutos aproximadamente, tempo este o que tardóu a lúa en pasar por diante do sol.

Como nota anecdótica, compre suliñar que o primeiro sitio da península desde onde se puido observar iste eclipse foi a parte sur do
Concello de Ribeira, en concreto as parroquias de Aguiño e de Carreira, onde ducias de persoas votáronse á rúa a ollar o
fenómeno e a desfrutar dél durante uns intres...
S.O.S. - A lagoa de Vixán agoniza.
· Carreira, 10/09/2005
Por mor da grande seca que padece Galicia neste último ano, o nivel da auga na lagoa de Vixán está por debaixo de mínimos históricos.
Case que ninguén na zona lembra un nivel tan baixo da auga. Asemade, o grande crecemento do carrizo fai que diminúa índa máis a auga,
xa que esta pranta invade o seu terreo e chega a apodrecela.
Tamén se pode ver dunha ollada un grande número de aves mortas flotando na auga e nas súas beiras, e se un se mete nos terreos fangosos
pode observar unha cantidade considerable de serpes, algo que non era moi común nesta poza, e que dalgún xeito é negativo,
xa que estes reptís índa que manteñen o ecosistema, escorrentan ás demáis aves acuáticas.
A iniciativa deste sitio web, faise unha chamada ás autoridades e organismos competentes nesta materia, e que son a
Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a dirección do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de
Carregal e Vixán, para que tomen as medidas oportunas e cumpran os seus compromisos de limpeza de dita lagoa, como xa aparecéu
por duas veces na prensa; o 27 de febreiro do 2002 e o 27 de novembro do 2004, índa que ata o de agora non se fixera nada ó
respecto, mentras a lagoa se apodrece.
· La Voz de Galicia, 22/09/2005
A deputada nacionalista Ana Pontón, encargada dos asuntos relacionados cas comarcas de Barbanza, Muros e Noia, presentóu unha
proposta na que insta ó Parlamento autonómico a adopción de medidas para evitar o deterioro de espazos coma a lagoa de Vixán.
A representante nacionalista, que onte acudíu a Ribeira para explicar as bases sobre as que traballará o seu partido durante ista
lexislatura, asegura que Vixán ten niveis de auga moi baixos e afirma que as aves que vivían neste entorno foron desaparecendo.
Pontón critica a xestión do anterior Goberno que, indica, «malia anunciar investimentos no 2002 e 2004, non fixo nada por corrixir a situación».
A parlamentaria quer saber si Medio Ambiente ten previsto eliminar o carrizo que, segundo ela, invade a lagoa. Tamén quer saber
qué consideración lle merece á consellería a situación deste hábitat e qué medidas ten previsto adoptar.
Durante a súa comparecencia de onte, na compaña de representantes do BNG comarcal, Ana Pontón sinalóu que un dos seus cometidos
será conseguir que as demandas dos cidadans e entidades da bisbarra sexan atendidas de forma axeitada e que, nos casos en que sexa
necesario, sexan trasladadas ó Parlamento autonómico.
Festa da Dorna 2005.
· La Voz de Galicia, 28/07/2005
Despóis de estar catro anos na Illa de Arousa, o trofeo Dorna de Prata voltóu a Santa Uxía. O Náutico de Ribeira rompéu o dominio dos da Illa ó
situar tres dos seus barcos entre os mellores da cabeza da táboa, algo que non logróu outro clube, ademáis de obter a victoria individual
por medio da Atrevida, de Juan José Sampedro e José Hermo...
Xosé Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira, e José Crujeiras «Graña», o veteran mariñeiro de Carreira homenaxeado este ano polo seu traballo
no mundo das dornas, e a Real e Ilustre Cofradía da Dorna entregaron os trofeos.
Máis información...
Solicitude de farmacia para Carreira.
· Diario Oficial de Galicia, 14/06/2005
A Consellería de Sanidade déu luz verde a novas licencias de apertura de farmacias en Galicia. Entre as localidades admitidas para
a instalación de ditos locais está a parroquia de San Paio de Carreira.
Iste servizo que existiu na parroquia entre os anos 60 e 70 do século pasado era de unha das prioridades que reclamaba a poboación.
A solicitude realizada polo grupo Nacionalista do Concello de Ribeira deu o seu froito. Noraboa e moitas grazas.
![]()
Presentación do Decreto no Diario Oficial de Galicia.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 20 kb).
![]()
Solicitude presentada no pleno do Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 177 kb).
Corrección de erros na páxina web oficial do Concello.
· Actividade Municipal - 10/06/2004 a 17/02/2005
![]()
Solicitude presentada no pleno do Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 48 kb).
![]()
Resposta do Arcebispado de Compostela.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 57 kb).
Sumidoiros no Vilar e Vixán.
· La Voz de Galicia, 27/05/2005
O goberno ribeirense investirá uns 265.000 euros na instalación dunha rede de saneamento entre O Vilar e Vixán, na parroquia de Carreira.
A actuación considerase de grande importancia para o concello, xa que ámbolos dous lugares teñen unha especial importancia ecolóxica e
na actualidade carecen dun servizo de sumidoiros das augas residuais de procedencia domiciliaria.
O executivo ribeirense sacará a obra a concurso decontado, e os traballos deberán de estar rematados no prazo de cinco meses. Da elaboración
do proxecto encargáronse os servizos técnicos municipais.
Control de velocidade en Vixán.
· Actividade Municipal - 24/05/2005
![]()
Solicitude presentada no pleno do Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 132 kb).
Solicitude de actuacións no río do Vilar.
· Actividade Municipal - 20/05/2005
![]()
Solicitude presentada no pleno do Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 52 kb).
Preguntas sobre o estado do parque natural.
· Actividade Municipal - 28/04/2005
![]()
Solicitude presentada no pleno do Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 135 kb).
Solicitude dunha farmacia para Carreira.
· Actividade Municipal - 15/04/2005
![]()
Solicitude presentada no pleno do Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 177 kb).