Arquivo de novas - Ano 2008
Seleccione o ano ó que desexe aceder:
2008 |
2007 |
2006 |
2005 |
2004 |
2003 |
2002 |
2001
Reflexións sobre a parroquia, por José Manuel Pena.
· Xornal Certo, 29/12/2008
![]()
Artigo publicado no diario Certo e máis en Xornal.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 67 kb).
Ir á páxina web de Certo: www.certo.es
Ir á páxina web de Xornal: www.xornal.com
Numerosos veciños da parroquia sacan os seus cartos de Caixa Galicia.
· Carreira, 24/12/2008
A indignación causada pola decisión (sospeitosamente encuberta) de Caixa Galicia, de eliminar a súa sucursal da parroquia
de Carreira, fixo que varios veciños acudiran á sucursal de Aguiño a retirar os seus fondos desta entidade
na que puxeron a súa confianza e cartos durante os últimos vinte e catro anos.
Asemade, a entidade tamén incumpliu a data de peche da sucursal de Campos, pois estaba prevista para o día 22
e adiantouse ó mesmo para ó día 19, causando inda máis malestar entre os seus clientes.
![]()
Nova aparecida no Diario de Arousa (24/12/2008).
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 48 kb).
![]()
Nova aparecida na Voz de Galicia (24/12/2008).
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 100 kb).
Veciños de Carreira reunense na defensa dos seus intereses.
· Carreira, 22/12/2008
Numerosos veciños e veciñas de tódolos cornechos do termo parroquial de San paio de Carreira reunironse
este domingo pola mañan no salon parroquial, situado a carón da capela da Guía, para intentar crear unha
asociación veciñal que defenda os intereses comúns do pobo.
Nesta primeira xuntanza sentaronse as bases dos
estatutos fundacionais e presentar candidaturas de persoas que acedan a xestionar dita asociación.
![]()
Nova aparecida no Diario de Arousa (22/12/2008).
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 76 kb).
![]()
Nova aparecida na Voz de Galicia (22/12/2008).
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 112 kb).
Caixa Galicia pecha a oficina de Carreira.
· Carreira, Decembro do 2008
A partires do vindeiro día 22 de decembro, a oficina que Caixa Galicia ten ó servizo dos seus clientes en Carreira
dende o ano 1984, pechará as súas portas de xeito definitivo.
Segundo afirma nunha carta enviada enviada ós clientes o responsable deste atropelo, o señor Álvaro García Diéguez,
o peche ven condicionado por unha MELLORA DA REDE DE OFICINAS desta entidade. Imos ver...
como vai ser unha mellora si deixa sin servizo a 2200 veciños ou máis?.
Esta entidade que crecéu grazas ós aforros dos cidadans de Galicia, debería mirar máis para os mesmos e deixarse
de abrir oficinas en sitios coma Portugal ou América.
O que si vai ser unha mellora, é que agora que tanto da ir a Aguiño ou a Ribeira, os clientes desta caixa
podemos mudar os nosos aforros a outra entidade distinta.
![]()
Carta enviada pola Caixa ós seus clientes afectados.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 182 kb).
![]()
Solicitude do grupo Nacionalista (05/12/2008).
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 55 kb).
![]()
Nova aparecida na Voz de Galicia (18/12/2008).
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 90 kb).
Solicitude de instalación de marquesiñas.
· Actividade Municipal, 04/12/2008
![]()
Solicitude presentada no Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 30 kb).
I Campionato de futbolín.
· Carreira, 03/12/2008
O vindeiro día 6 celebrarase no Centro Social de Carreira (antiga Casa da Cultura), o primeiro campionato de
futbolín. Para anotarse na competición, hai de prazo ata as sete da tarde do mesmo día do campionato, e o prezo por
parexa é de dez euros. Importantes premios en metálico. Animarse.
A voltas co enlousado.
· Carreira, 11/09/2008
Parece o conto de nunca rematar. Dende o pasado mes de xaneiro duran as obras de adecentamento e reposición do enlousado
do casco histórico de Carreira. Pero o que vai ser histórico é o xeito que teñen de facelo, pois parece que non existe
un proxecto de seu segundo se ve a medida que avanzan as obras.
A excesiva altura á que se poñen as novas lousas de pedra parece que non agrada ós veciños, que ven como o nivel da rúa
sube por enriba dos portais e como nos acesos ós desvíos queda un chanzo bastante salientable. Tampouco agrada as
diversas cores que teñen as pedras, pois non hai uniformidade, senon que queda moi anti estético.
Compre destacar asemade o pouco interese e coidado dos operarios ca obra, pois hai manchas de aceite das máquinas
en todo o percorrido do enlousado, deixando o mesmo cunha estética moi lamentable para a vista.
Inda así, agardamos que se corrixan estes erros e que todo se solucione canto antes e o resultado
sexa o mellor para todos.
![]()
Nova na Voz de Galicia (25/10/2008).
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 38 kb).
![]()
Solicitude de arranxos polo Grupo Nacionalista do BNG (03/10/2008).
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 23 kb).
Estado do colexio do Corniño.
· La Voz de Galicia, 10/09/2008
As aulas do colexio de Carreira piden a gritos unha renovación. A antiguidade do edificio e o escaso mantemento
ofrecen un desolador panorama de portas rompidas e teitos fundidos. Os profesores quédanse curtos á hora de contar
as súas calamidades con este centro, malia todo, o Concello segue sen solucionar os problemas, dando coma sempre
a excusa de que non hai cartos suficientes.
Solicitude de arranxo da fonte e lavadoiro de Vixán.
· Actividade Municipal, 01/09/2008
![]()
Solicitude presentada no Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 38 kb).
Nova edición da festa do San Xoán.
· Carreira, 15/06/2008
Como ven sendo costume dende a década dos 80, este ano volta a celebrarse unha nova edición da Festa do San Xoán.
Unha vez despexadas as dúbidas sobre a súa celebración, pode confirmarse que será no sitio de sempre; eso sí, estreando nova imaxe,
pois agárdase que as obras de empedrado da rúa estén rematadas para esta data.
O mesmo sucede ca tradicional sardiñada, posto que a recente folga dos pesqueiros e do transporte facían perigrar esta tradición.
Pero ó final todo solucionado e haberá sardiñas para todos.
A organización agarda recibir a moitos visitantes, e para elo non reparóu en gastos, así á tradicional sardiñada, haberá que engadir
churrasco e bo viño da terra entre outros. Todo elo a partires das 9 da noite.
Como punto final, ás 11 da noite haberá unha verbena a cárrego do DJ DANI. Agardámosvos.
Lugar do Cruceiro, Carreira (Ribeira). Luns 23 de xuño a partires das 21:00 horas.
Solicitude de arranxo da rúa Outeiro.
· Actividade Municipal, 02/06/2008
![]()
Solicitude presentada no Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 70 kb).
III Muiñada de Amendo.
· Ribeira, 20/05/2008
O vindeiro sábado día 31 de maio, a partires das 11:30 da mañá, no entorno dos muíños de auga de Amendo, no parque natural,
celebrarase a III Muiñada. Esta romaxe popular que cada ano vai crecendo en ambiente contará para esta edición cas seguintes
actividades (entre outras varias):
· Moenda enxebre nos muíños
· Repoboación de arbores en zona queimada
· Xantar
· Contos populares
· Actuación musical
· Exposición fotográfica
![]()
Ver programa de actividades da muiñada.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 33 kb).
Nova edición do libro Historia de Carreira.
· Carreira, 17/05/2008
Debido á grande acollida popular que tivo, así como ás numerosas peticións de moitas persoas interesadas que se quedaron sen poder
adquirir un exemplar, sae á venda unha nova edición da obra Historia de Carreira.

Ó mesmo que a anterior edición, esta tirada tamén estará limitada a 150 exemplares, e poderá adquirirse nas seguintes librarías do Concello:
· Librarías Mirás I e II (Ribeira)
· Librarías Master I e II (Ribeira)
· Libraría El León (Ribeira)
· Libraría Sanyg (Ribeira)
· Libraría Aguiño (Aguiño)
· Libraría de Pepa (Carreira)
As lousas de perpiaño do casco histórico.
· Actividade Municipal, 12/05/2008
![]()
Pregunta presentada no Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 76 kb).
Presentada a V carreira popular Virxe da Guia.
· Carreira, 06/04/2008
Como xa ven sendo costume estes últimos anos, acaba de ser presentada unha nova edición da carreira popular Virxe da Guía.
Organizada conxuntamente por Abraham Benítez e máis o Concello de Ribeira, terá a súa saída e chegada nos arredores da capela
da Guía, e constará de diferentes probas segundo idades.
Haberá premios para tódalas categorías consistentes en trofeos, e máis en metálico. Asemade, esta edición tamén premiará ós novos
récords que se poidan establecer. Para ver o cartaz anunciador, facer clic na imaxe lateral.
Para anotarse na competición, a organización pon á dispor das persoas interesadas, os seguintes medios:
· Télf.: 659 367 885
· S.M.S.: 659 367 885
· Fax : 981 835 205
· E-Mail: virxedaguia@carreira.info
· Páxina web oficial : http://carreira.info/virxedaguia.
Para ver a situación do lugar da proba, prema aquí.
XXI Aniversario da peña madridista Amancio.
· Ribeira, 04/04/2008
Co gaio do 21 aniversario da fundación da peña madridista local "Amancio", os membros desta asociación queren celebralo
por todo o alto cunha cea conmemorativa o vindeiro día 19 deste mes onde ademáis se presentará a súa nova xunta directiva.
Os simpatizantes e afeccionados que desexen acudir poden facelo dirixíndose ós teléfonos indicados ó respecto na nota de prensa adxunta.
![]()
Nota de prensa da peña Amancio.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 32 kb).
Un monumento para Carreira.
· La Voz de Galicia, 17/03/2008
A inauguración, o domingo, dun monumento ás xentes do agro, no lugar de Bretal, en Olveira, por parte das autoridades de Ribeira
foi un paso máis na intención do executivo de dotar a tódalas parroquias dunha estatua representativa.
Fontes municipais indicaron que só quedan por colocar esculturas en Artes, Carreira e Oleiros, actuacións que
se levarán a cabo nos vindeiros meses.
Problemas nas obras do casco antigo de Carreira.
· Carreira, marzo do 2008
O pasado día 21 de xaneiro deste ano comezaron as obras correspondentes á reforma do enlousado e sumidoiros das rúas do casco antigo de
Carreira, dende o lugar de Campos ata O Cruceiro.
No ano 1986 xa houbera unha proposta similar cando a daquela concelleira socialista Ramona Vilar recollera sinaturas entre o vecindario
para recuperar o enlousado de pedra que dende finais do século XVIII lucía esta rúa e que estaba desfacéndose.
A solicitude fora rexeitada e durante o mandato de Pérez Queiruga, no ano 1988, tapáronse con cemento as lousas de pedra despois de poñer
os sumidoiros correspondentes nunha obra chapuceira de batalla.
Cando o pasado ano se aprobóu a recuperación desta arteria de xeito que respectase o entorno tradicional, os veciños recibíronno con grande
ledicia. Primeiro, e vendo que as lousas orixinais estaban en bo estado, procurouse restauralas, tarefa un pouco difícil pero que pagaba a
pena, como xa se fixera noutros lugares.
Pero os problemas económicos por parte da empresa adxudicataria, Seixo S.L. e do Concello de Ribeira, fan que esta obra actualmente
esté paralizada e o que é pior, que a rúa quedara intransitable para peóns e vehículos.
Agardamos que o bo facer dos nosos gobernates faga que se chegue a unha lixeira e satisfactoria solución.
![]()
Solicitude presentada no Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 22 kb).
![]()
Nova na Voz de Galicia.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 18 kb).
![]()
Nova na Voz de Galicia.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 44 kb).
![]()
Preguntas formuladas ó Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 15 kb).
Solicitude de saneamento no lugar de Castro.
· Actividade Municipal, 20/02/2008
![]()
Solicitude presentada ó pleno do Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 96 kb).
Solicitude de actuacións en varios lugares da parroquia.
· Actividade Municipal, 19/02/2008
![]()
Petición presentada no Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 165 kb).
![]()
Petición presentada no Concello.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 123 kb).
Nota informativa - Historia de Carreira.
· Carreira, 15/01/2008
Debido a que se esgotaron en tempo récord os 150 exemplares á venda do libro Historia de Carreira, avisamos a tódolos interesados
en adquirir esta obra, que mentres non saia unha segunda edición da mesma, prevista en principio de cara ó veran, se o desexan poden
consultala nalgunhas das seguintes bibliotecas:

· Biblioteca Municipal (Ribeira)
· Ateneo Valle-Inclán (Ribeira)
· Biblioteca do C.E.I.P. de Aguiño (Ribeira)
· Biblioteca do C.E.I.P. de Frións (Carreira)
· Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
· Real Academia Galega (A Coruña)
· Biblioteca Xeral Universitaria (Santiago de Compostela)
· Biblioteca pública Anxel Casal (Santiago de Compostela)
· Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela)
· Biblioteca Nacional (Madrid)
· The Congress Library (Washington D.C.)
· The British Library (Londres)
Máis información: .
Pais de alunos do C.E.I.P. de Frións esixen que resolvan os asolagamentos.
· La Voz de Galicia, 14/01/2008
A asociación de pais de alunos do colexio de Frións esixe á Consellería de Educación que solucione os problemas de asolagamento
que se producen en boa parte do patio exterior do centro educativo ribeirense cada vez que chove, especialmente cando o fai de forma
abondosa, como sucedeu nos últimos días.
A presidenta da entidade, Concepción Moreira Abelleira, sinalou que fai máis de oito meses un técnico deste departamento autonómico
comprometeuse a solucionar o problema, «pero seguimos como entón, ou pior. É unha situación que padecemos dende fai cinco anos e hai
que poñerlle remedio sen máis demora», precisóu.
Moreira sinalou que a colaboración da concelleira de Educación de Ribeira, Juana Ermitas Crugeiras, está sendo positiva e está tratando
de axilizar o desenrolo das obras que permitan solventar os anegamentos do patio. «Non sabemos o motivo de que se estanque a auga, pois
non hai planos da construción do recinto. O que si temos claro é que hai que canalizar esa auga para fora», afirmóu. Ademáis, matizóu
que a auga non só se acumula nese espazo, senon que a zona con herba atopase tambén asolagada, «polo que o patio de recreo queda practicamente
inservible», suliñóu Moreira.
A presidenta da ANPA de Frións asegura que están preocupados pois os seus fillos «métense na auga acumulada
e empezan a salpicarse entre eles».