Autor: Manuel Crujeiras

Esta ven sendo, moi resumida, a pequena historia dun grupo de chavales de Carreira, quenes, nuns tempos non moi favorables, adicaronse e usaron á súa imaxinación para compoñer e interpretar pezas de música nas que recollían o seu sentir, as súas inquedanzas, as súas preocupacións, os seus temores e as súas alegrías pero, sobre todo, as ganas de pasalo ben.
É de supor que cada membro do grupo terá a súa versión do que para él significaron eses tempos que, de seguro, ningun deles esquecéu. Para eles, J.F.Villaverde, Serafín Vidal, Kiko Sampedro, Raúl, Javier Millares, Manolo Crujeiras, Juan e Kiko Muñiz, e para os que os apoiaron e disfrutaron coas súas ocurrencias, vai adicada esta lembranza.



     · PETOUCOS A REBOLOS   (1976-1981)

      "Atravesé la eternidad  y descubrí trás de una nube alguien..."      ( "Rocinante", ASFALTO )

A partires dunhas guitarras españolas de pouca calidade, catro acordes, unhas sencillas cancións e moitas gañas e ilusións, un grupo de chavales tiveron na música a súa opción máis importante de diversión. Este grupo de amigos estaba formado por Kiko Muñiz, Javier Millares, Manolo Crujeiras, Kiko Sampedro, J.F.Villaverde e Serafín Vidal.

Xuntábanse para darlle forma a unha idea nacendo así "Petoucos a Rebolos" (Piedras dando tumbos), nome non moi orixinal, que os definía moi ben. O nome do grupo non era máis ca traducción literal do nome do grupo de rock máis famoso do mundo, The Rolling Stones. Cun grupo de voces femininas do pobo, comenzaron interpretando cancións relixiosas na misa de doce dos domingos animados por un xoven cura, Guillermo, que daquela estaba facendo as súas prácticas antes de ordenarse. Esta actividade forona deixando ó tempo que se centraban máis en darlle forma a un posible grupo. Villaverde sería o cantante acompañado de Serafín que tocaría a guitarra de acompañamento, Javier e Manolo serían os guitarras solistas e de ritmo,  Kiko Sampedro, tocaría unha batería virtual e imaxinaria, o outro Kiko sería o guitarra de baixos e tamén faría voces. "Rocinante" e "Ser urbano" do grupo Asfalto, "Lola" de Los Brincos, "Breathe" de Pink Floyd, "Nights in white satin" de The Moody Blues, "The House of the rising sun" de The Animals, son algunhas das pezas que adaptaron ás súas características.

Petoucos a Rebolos - Festas '1980

Tiveron a súa primeira actuación nas festas patronais do ano 1980, amenizando o descanso da verbena que se celebraba na praza que había entre o grupo escolar e a nova fábrica de gaseosas. Os instrumentos que usaron pertencían ó grupo contratado pra ese día. Como documento deste primeiro contacto co público e cos instrumentos eléctricos, queda unha foto na que se pode apreciar, de esquerda á dereita, con chapeu a Javier Millares, de costas Villaverde, con barba e mirando cara a un lado, Manolo, e por último, Serafín, de frente cunha guitarra acústica prestada para a ocasión polo irmán de Manolo, José Angel. Os dous Kikos, baixo e batería, lamentablemente quedaron fora do obxectivo da cámara.

Do que se interpretou esa noite, non queda constancia quizáis debido a que, cando ía entoar a primeira canción, Villaverde, o cantante principal, quedou sen voz. A partires dese intre, todo foi caos e improvisación. Un ano máis tarde repetiron e a cousa foi un pouco mellor. Estas foron as únicas ocasións nas que o grupo "Petoucos a Rebolos", enriba dun escenario, interpretaron as súas cancións, a súa música.



     · DESORDEN   (1981-1984)

      "De oídos sordos, nos vemos rodeados"      

A partires dese intre, producirianse uns trocos tanto na xente do grupo como na idea do que se queria facer. Kiko Sampedro "o lobo" emigrou para USA, Javier Millares a facer a súa carreira e Villaverde e Serafin foron perdendo o contacto a causa da mili e das súas obrigas profesionais. Kiko Muñiz conseguiu facerse cun baixo moi modesto e Manolo tiña a guitarra eléctrica de seu irmán, unha Fender Stratocaster. Estes dous contactaron con dous chavales da Ribeiriña (A Pobra), Juan, que tocaba a batería e Raúl que tocaba a guitarra e cantaba.

Fender Stratocaster Decontado comezaron a facer cousas xuntos e a darlle forma ás pezas que Manolo e Kiko ían compoñendo. Quizais foi este o cambio máis grande. Pasar de versionar cancións que eran de outros para facer unhas propias. Manolo encargábase da música e Kiko das letras poñendo, ademáis, a súa voz para cantalas. Así naceron pezas como "Cosas feas", "Devaneos en El Celta", "DNI", etc. Os ensaios facíanse no fin de semana, en Carreira, na casa vella da familia de Kiko e gravaban, nun vello radiocasete, todo o que facían para ir mellorando os aspectos que menos lles agradaban. Aqui participaban todos con cadansúa opinión.

O cuarteto, chamado en principio "Rompeolas" e despois "Desorden", comenzou con pequenas actuacións por bares de Ribeira ( Cactus, Costa Oeste, La polilla, Domi... ) empezando a ser coñecido no "mundillo" da música local. A marcha de Raúl deixou ó grupo convertido en trío contando coa inestimable colaboración e aportación das máis novedosas tendencias musicais, de Javier Millares, o cuarto membro do grupo, a quen se deben pezas como "Cabaret", "Historias de un pasado...", "Oscurantismo", "Mi morena, yo y las palmeras" . A finais de maio do ano 1984, anotáronse, como DESORDEN, nun concurso de grupos que se ía celebrar nunha discoteca de Boiro, parecendolles unha boa iniciativa para darse a coñecer. Eran tres días e premiabase a orixinalidade dos temas que se interpretaran. "Hacia la luz", "DNI" e "Helicópteros a Singapur", foron os temas elexidos por Kiko, Manolo e Juan para a actuación que foi estupenda. Ainda que foron seleccionados para pasar á seguinte ronda, aqui rematouse o seu paso por este concurso, pois Manolo tivo que marchar pra navegar. O final foi premiada a "orixinalidade" dun grupo de Ribeira que facia interminables e soporíferas "versions" de temas dos Rolling Stones. Cando os protagonistas desta historia estaban convencidos de que o que eles facían era acorde cos tempos nos que vivían, atópanse con que o que se premia non é a imaxinación senón a comodidade da (mala) imitación.
 
                    



" Historias de un pasado...desdichas del destino"

Bar Domi - 1984

Durante a ausencia de Manolo e coa incorporación de Javier Millares, o grupo sigueu ensaiando e facendo novas pezas. Pezas como "Oscurantismo", "Cabaret" ou "Historias de un pasado", compostas por Javier e Kiko, significaron, para o grupo, aparte dunha renovación do repertorio, un cambio no son das cancións gracias, sobre todo, á aportación da guitarra de ritmo de Javier.

E foi no mes de agosto, xa de novo con Manolo, cando máis actuacións tiveron adoptando definitivamente o nome de "Cantos de Maldoror". Por exemplo, unha fin de semana no bar Cactus, outra no Costa Oeste, ademáis de actuacións no Domi e La Polilla.

As cancións e a técnica dos músicos foron perfeccionándose a base de ensaios e actuacións, destas quiza merecería un comentario especial a efectuada no verán de 1985 no bar Factoria xunto co grupo de Santiago "Los Miserables". A actuación de "Cantos de Maldoror", Kiko (baixo e voz), Manolo (guitarra) e Juan (batería), foi a mellor das realizadas ata ese momento, o ambiente era propicio e o público respondeu moi ben tarareando algunhas das súas cancións. Pero foi tamén a derradeira actuación do guitarrista, Manolo, e a derradeira actuación do grupo ainda que Kiko e Juan seguiron a súa andaina por outros grupos diferentes.



· Actuación no disco-bar Domi (Factoría), no verán do 1984. Padín (Ribeira).

           



// LOS CANTOS DE MALDOROR  ( LES CHANTS DE MALDOROR )

Obra do poeta uruguaio-francés do século XIX Isidore Ducasse (1846-1870), que asinaba os seus escritos baixo o pseudónimo de "Conde de Lautréamont". Considerado polos surrealistas do século XX como un dos seus precursores. O carácter raro da súa obra, casi descoñecida polos seus contemporáneos e a súa morte prematura, fixeron que o situaran no medio dos "poetas malditos". Los Cantos de Maldoror (Les Chants de Maldoror) é unha colección de prosas poéticas  de difícil interpretación que teñen como protagonista o mal tal e como o vían os románticos na súa manifestación máis alucinante e fatalista.

Portada do disco
// CANTOS DE MALDOROR


Nome do grupo de música de Carreira que tivo a súa andaina entre os anos 1984-1985. As orixes do grupo remontanse á segunda metade dos setenta. Rematada a dictadura do Xeneral Franco, a apertura que significou a época da transición, reflicteuse nun grupo de xóvenes da parroquia que tiñan en común a fascinación pola música. As súas preferencias, inicialmente, eran o pop e o rock que se facía en Inglaterra e USA, e que lles chegaba, normalmente, con anos de retraso. Máis tarde decantáronse pola frescura que supoñía o que se facía, musicalmente, no noso país e que se coñeceu como a "MOVIDA". Este movemento tivo unha gran influencia nos membros do grupo, nel descubriron unha maneira de contar cousas e facer cancións dunha maneira moi sinxela, divertida e sen grandes alardes instrumentais, algo co que eles se identificaron rápidamente recollendo as inquedanzas que máis influirían nas súas composicións.


 

Artigo recolleito do número 3 da revista musical de ámbito nacional Rock'In, publicado no mes de marzal do 1985, onde se fai referencia o grupo Cantos de Maldoror.

                          Ver artigo