¡¡  ESTADES TODOS CONVIDADOS  !!


Cartel San Xoán 2004

Como xa ven sendo costume nestos últimos anos, celebrase a festa do San Xoan no Cruceiro (Carreira) a noite do 23 o 24 de xuño. Festa a que TODO O MUNDO está convidado e na que non faltan o churrasco, os criollos, as sardiñas e como non, o pan de millo e o viño (dabondo).
Tamén hai unha verbena que cada ano corre a carrego dunha orquestra, a cal fai que tódolos asistentes a festa pasen un intre agradable bailando. ¡AH!...e as 12 da noite, cada ano unha sorpresa.


A fogueira a tope
A festa remontase o ano 1980, cando a iniciativa de Xoan Manuel Reiriz Lampón e Ramón o alemán, un grupo de persoas decidironse a celebrala festividade do San Xoan cunha grande fogueira que chamara a tódolos veciños do Cruceiro e arredores.

            ...Mete medo, ¿eh?


Podedes ver nas seguintes fotos, algúns intres da festa durante os anos '80 e durante os anos 1996 e 1999. Como veredes, o ambiente estaba asegurado.


           

           

           


Aquí temos varias fotos onde vemos o anfitrión Xoan Manuel con algúns dos seus compañeiros de caza amosándonos os resultados das súas últimas batidas de xabarín pola zona, cuns magníficos exemplares.