Participantes e resultados da proba
Pode aceder ós resultados, clicando na seguinte ligazón:
- Clasificacións finais: prema aquí.
- Imaxes: Prema aquí

AVISO IMPORTANTE: A Organización da carreira popular Virxe da Guía, quer pedir disculpas a todos os participantes no nome de Coca Cola, xa que un inesperado accidente do camión que ía traer as bebidas cedidas por esta empresa, fixo que nos viramos na obriga de improvisar no subministro das mesmas, así como na imaxe publicitaria da proba, co grave perxuicio que elo representa.
Do mesmo xeito, temos que pedir disculpas a tódolos nenos e nenas participantes que non puideron conseguir as súas medallas correspondentes, xa que a grande afluencia dos mesmos que se inscribiron a ultima hora, fixo desbordar tódalas previsións, impedindo que todos recibiran o seu premio como se merecían.
A organización da carreira popular Virxe da Guía, agradece a tódolos participantes, axudantes, patrocinadores e espectadores, a súa colaboración neste evento, que fixo que un ano máis fora un éxito. Moitas grazas a tod@s.



Presentada a VIII edición da carreira popular Virxe da Guía

Organizada conxuntamente por Abraham Benítez Somoza e máis o Concello de Ribeira, acaba de ser presentada a VIII edición da carreira
popular Virxe da Guía. Ó igual cas anteriores edicións, será o día 17 de maio, terá a súa
saída e chegada nos arredores da capela da Guía (Parroquia de San Paio de Carreira - Concello de Ribeira), e constará de diferentes probas segundo idades,
as cales comezarán a partires das 11 da mañán.
Compre sinalar, que esta edición está adicada ó atleta de Aguiño, Ramón Manuel Ayaso Castro (na imaxe), en recoñecemento á súa excelente traxectoria
deportiva en épocas pasadas.
A proba é puntuable para o circuito de carreiras populares do Concello de Ribeira.
Haberá premios para tódalas categorías consistentes en trofeos e máis en metálico. Para ver o cartaz anunciador, facer clic
na ligazón correspondente.
Descargar folleto informativo (PDF - 700 Kb).
Ligazóns de interese sobre o lugar da proba
Páxina web informativa sobre a parroquia de Carreira, prema aquí.
Ver información sobre o lugar da proba na Wikipedia, prema aquí.
Ver a situación do lugar da proba en Google Maps, prema aquí.