|   A pior nova  | As autoridades  | Frases históricas  | Fotografías  | ¡Vaia animalada!  |


FRASES PRA A HISTORIA

O Presidente da Deputación agredido
Dende o comezo da crise vense observando un cúmulo de despropósitos e descoordinación absoluta da clase política. Só unha pretensión explícita de tapar, silenciar e impedir que a verdade saia a flote, pode xustificar todas estas frases pra a historia: mentiras evidentes que firen tódalas sensibilidades e supoñen unha absoluta falta de respecto a cidadanía e un flagrante atentado o dereito á información.


Xoves, 14/11/02

Arsenio Fernandez de Mesa ( Delegado do Goberno en Galiza )
“Persiste o risco, índa que a situación é máis favorable”


Venres, 15/11/02

Manuel Fraga ( Presidente de Galiza )
“Xa pasóu o perigo máis grave”.
"...E non teño nada máis que dicir".

Henrique Lopez Veiga ( Conselleiro de pesca e marisqueo )
“O risco de que a marea negra chegue á costa non é moi alto”.


Sábado, 16/11/02

Miguel Arias Cañete ( Ministro de pesca e agricultura )
“A rápida actuación das autoridades españolas evitóu que o verquido se convertise nunha verdadeira catástrofe pesqueira e ecolóxica”.
“Non tememos unha catástrofe ecolóxica nin prevemos grandes problemas pra os recursos pesqueiros”

José Trigueros ( Director Xeral de Costas )
“Hai que actuar como sexa pra paliar iste desastre ecolóxico”.


Domingo, 17/11/02

Miguel Arias Cañete ( Ministro de pesca e agricultura )
“As administraciones públicas teñen que actuar inmediatamente pra evitar prexuízos económicos”.

José Luís López Sors ( Director Xeral da Mariña Mercante )
“Non se puoede falar de marea negra, son manchas negras e dispersas”.

Henrique Lopez Veiga ( Conselleiro de pesca e marisqueo )
“Todo o fuel derramado que tiña que chegar á costa galega, xa chegóu”.

Mariano Rajoy ( Vicepresidente do Goberno )
“Nunca dixemos que non pasóu nada”.


Luns, 18/11/02

Arsenio Fernández de Mesa
“Todo depende das correntes e dos ventos”.


Martes, 19/11/02

Mariano Rajoy
“As cousas saíron razonablemente ben”.


Mércores, 20/11/02

Federico Trillo ( Ministro de defensa )
“Batallamos bombardear o barco con avións de combate, se non se bombardeóu o martes pra producir un incendio foi porque era moi complicado e arriscado”.

Arsenio Fernández de Mesa
“Hai unha cifra que está clara e é que a cantidade que se derramóu non se sabe”.

Jaume Matas ( Ministro de Medio Ambiente )
“O que fixemos é a laboura que se tiña que facer. Lonxe de calqueira protagonismo e preto de atopar respostas”.


Xoves, 21/11/02

Mariano Rajoy
“Non se vai verter un só litro máis”.
“A unha profundidade de 3500 metros e a 2 graos de temperatura o fuel quedaría nun estado sólido, polo que, nun principio, o fuel non se verterá”.

Loyola de Palacio ( Comisaria Europea )
“Esa zona é coma a M-30 onde circulan esas bombas ecolóxicas, non só de petróleo”.

Carlos del Álamo
“A última mancha de fuel parece que se vai acercar á zona que estamos agora, pero o único que se pode dicir é que hoxe subirá cara arriba”.


Venres, 22/11/02

Francisco Álvarez Cascos ( Ministro de Fomento )
“A nosa información foi precisa, exhaustiva e sobre parámetros totalmente medibles”.
“O tamaño é este, logo pode poñerse o peso que se queira porque non hai báscula pra pesalo”.

José Maria Aznar ( Amigo de Bush )
“O goberno respondéu con dilixencia e coordinación”.
“España vai ben”.

Henrique López Veiga
“Unha marea negra é unha marea negra e moi difícil de atallar”.

Manuel Fraga
“Paleando petróleo non son moi eficiente, pero se hai que facelo, faríao”.
“Espero que Deus e Santiago Apóstol nos axuden”.
"...E non teño nada máis que dicir".


Sábado, 23/11/02

Mariano Rajoy
“Non é unha marea negra, afecta a unha parte importante da provincia da Coruña, pero non é unha marea negra”.

Henrique López Veiga
“Fraga nunca abandonóu Galiza”.

Arsenio Fernández de Mesa
“Fraga non durme, se fai falla, por Galiza”.

Manuel Fraga
“Deixéi tirados a uns amigos que ían a unha cacería e vinme de Madrid sen comer”.
"...E non teño nada máis que dicir".

Carlos del Álamo
“Ningún espazo natural protexido resultóu danado”.

Henrique López Veiga
“Non podemos ter un barco pra un accidente cada dez anos”.
“En Muxía si hai unha marea negra nestes intres”.


Luns, 25/11/02

Henrique López Veiga
“Se non alonxaramos o buque mar adentro, a mancha xa estaría na costa”.


... Así até preto de duascentas mil burradas máis ... DE PENA


¡NUNCA MÁIS! Pola seguridade dos transportes marítimos e pola loita anticontaminación dos nosos mares, pra evitar que bandas de piratas, mafiosos, maleantes e políticos se enchan de cartos a conta de destruir o noso ecosistema mariño e que destruan o hábitat das especies que alí habitan así coma o medio de vida de miles de familias humildes, poñamos tódalas nosas forzas e protestemos con tódolos medios que teñamos.

¡¡¡ REMATEMOS CON ESTES DEXENERADOS QUE NOS DESTRUEN O PLANETA ¡¡¡