|   A pior nova  | As autoridades  | Frases históricas  | Fotografías  | ¡Vaia animalada!  |


¡¡ A MAREA NEGRA CHEGA A CARREIRA !!


AVISO: Se queres saber por qué non lle interesóu ó governo daquela que se investigara nada do afundimento do Prestige, preme aquí.
 

Durante a noite do día 1 ó 2 de nadal do ano 2002, as costas da parroquia de Carreira, tamén foron afectadas pola chegada do fuel-oil procedente do naufraxio do petroleiro pirata Prestige, feito que sucedeu duas semanas antes diante das costas de Cabo Corrubedo.

Captura de imaxe de TVE 2 TODA A COSTA comprehendida entre os límites cas parroquias veciñas de Artes e Aguiño pertencente por completo o Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán foi moi gravemente danada.
A pasividade, falta de interés e profesionalidade, neglixencia i enganos das autoridades do Governo do Estado Español así como as da Xunta de Galicia e do Concello de Ribeira foron as responsables de que non se acadasen medidas previas, tratando de enganar os cidadáns e agachándolle información real do que estaba sucedendo, manipulando os medios de información.


Cando reaccionaron xa era demasiado tarde. Só a coraxe e a forza para defender o seu medio de vida dos miles de mariñeiros desta terra poideron conter o avance da marea negra, que gracias a eles non entróu dentro das Rías desafiando as malas condicións meteorolóxicas sempre tan frecuentes na zona.

Sacando fuel cas mans

Inda así, a costa do Parque Natural ca excepción das bocanas das lagoas do Carregal e Vixán quedóu toda contaminada e cuberta de fuel-oil acabando ca vida de centos de aves e oitras especies mariñas e da totalidade do marisco da zona, poñendo en perigo o medio de subsistencia de centos de familias e da biodiversidade da zona, provocando asimesmo unha toxicidade a longo prazo moi perigosa pra todo ser vivo en xeral, que terá moito que ver nos cambios da biodiversidade nun futuro non moi lonxano.


¡NUNCA MÁIS! Pola seguridade dos transportes marítimos e pola loita anticontaminación dos nosos mares, pra evitar que bandas de piratas, mafiosos, maleantes e políticos se enchan de cartos a conta de destruir o noso ecosistema mariño e que destruan o hábitat das especies que alí habitan así coma o medio de vida de miles de familias humildes, poñamos tódalas nosas forzas e protestemos con tódolos medios que teñamos.

¡¡¡ REMATEMOS CON ESTES DEXENERADOS QUE NOS DESTRUEN O PLANETA ¡¡¡