|   A pior nova  | As autoridades  | Frases históricas  | Fotografías  | ¡Vaia animalada!  |


O PERIGRO PUBLICO NUMERO 1

      Nova aparecida na Voz de Galicia o 4 de abril do 2003.

O director xeral da Mariña Mercante, José Luis López-Sors, defendéu onte a súa decisión de distanciar o Prestige da costa galega e aseguróu que, nas mesmas circunstancias, e «sabendo o que séi, voltaria a alonxar o petroleiro». No seu segundo día de declaración no xulgado de Corcubión, insistéu en que nas informacións dos helicópteros e remolcadores, o informe do inspector Serafín Díaz e incluso os datos facilitados polo capitán do buque, o grego Apostolous Mangouras, aconsellaban adoptar aquela decisión.


O perigo público número 1
Segundo fontes xurídicas, López-Sors fixo especial enfase no papel de Díaz e sinalóu que éste era a persoa «máis capacitada de toda Galicia» pra valorar os danos estructurais do Prestige non só pola súa condición de xefe de máquinas e inspector marítimo, senón tamén pola súa experiencia no asteleiro Astano realizando probas en estructuras de petroleiros. De feito, matizóu, «intervéu en caseque tódolos senistros que sucederan na costa galega». O responsable da Mariña Mercante insistéu na falta de colaboración «constante» de Apostolous Mangouras. Non obstante, admitéu que, horas despóis de lanzalo mayday, realizóu unha valoración dos danos estructurais do buque na que advertía da ruptura dun mamparo lonxitudinal que separa dous dos tanques de almacenamento de fuel. Segundo a tese que defendéu onte, este e outros datos sosterían a hipótese de que o verquido era «irreversible», unha versión que contraria o informe técnico de ABS, a clasificadora do petroleiro das Bahamas.
 
Pero imos ver...
¿E que este señor non sabe o que pasóu?, ¿esta cego?, ¿tomanos por imbéciles?.

Pois sabendo o que sabe... non sabe moito, xa que polo que se deduce das súas palabras, este señor está bastante fodido da cachola, e que pra él, o dano ecolóxico que causóu así coma a cantidade de diñeiro que se está invertindo en reparar este dano, maila que se perdéu, debe ser unha merda que pasa tódolos días e que o pasa polo cú. Hai que lembrar que este individuo foi o que dixo que non era unha marea negra, senon manchas negras e dispersas, e o Serafín foi o que dixo que o petroleiro non se partía, logo que non se afundía e logo que o fuel solidificaría no fondo, ou sexa, que non acertóu en nada o listo este.


Por favor, no nome de Galiza, d@s galeg@s, dos mariñeiros, dos habitantes do mar, e en fin, de toda a humanidade, controlen a este individuo, pero... ¡xa!, ...e que o poñan baixo tratamento psiquiátrico. Un peligro de carallo o tío este.


¡NUNCA MÁIS! Pola seguridade dos transportes marítimos e pola loita anticontaminación dos nosos mares, pra evitar que bandas de piratas, mafiosos, maleantes e políticos se enchan de cartos a conta de destruir o noso ecosistema mariño e que destruan o hábitat das especies que alí habitan así coma o medio de vida de miles de familias humildes, poñamos tódalas nosas forzas e protestemos con tódolos medios que teñamos.

¡¡¡ REMATEMOS CON ESTES DEXENERADOS QUE NOS DESTRUEN O PLANETA ¡¡¡