·  Ver en Castellano  ·

CRS Asistencia Informatica



CRS Asistencia Informatica


En CRS Asistencia Informática reparamos toda clase de equipos informáticos, dende o máis sinxelo computador persoal ata unha potente estación de traballo ou servidor. Somos especialistas en computadores con arquitectura tipo PC, inda que tamén botamos man de portátiles e de máquinas doutros tipos.

Tentamos facer o traballo no menor tempo posible; e se podemos, nun prazo máximo de 12 horas a súa máquina estará reparada. Procuramos salvar tódolos datos posibles do disco duro e evitar a súa perda no caso dunha infección por malware ou dun dano irreparable no sistema operativo ou no hardware da máquina. Asemade informámoslle de que facemos a maior parte das reparacións a domicilio sen custo adicional.

Se o desexa, tamén podemos botarlle unha man á hora de instalar algunha aplicación ou de configurar o seu servizo de conexión a Internet.

Chámenos se ten o seu computador avariado, tentaremos ser os máis rápidos e eficaces á hora de solucionarlle os problemas da súa máquina.


   · Protección de datos

Poñemos no seu coñecemento que, por mor do traballo a realizar nos seus equipos informáticos, ben na súa Empresa ou por desprazamento ó taller para proceder á súa reparación, pode dar lugar ó aceso de información reservada ca única finalidade de completar o seu correcto funcionamento.

A información á que se poida aceder, está protexida polo Segredo Profesional e en virtude do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999 de "Protección de Datos de Carácter Persoal" (LOPD), e será tratada ca máxima confidencialidade de acordo ca protección e especificacións contidas en dita Lei e a súa normativa de desenrolo.

Infórmaselle tamén de que NON se utilizaran os seus datos para o envío de comunicacións comerciais non solicitadas sen autorización do interesado, segundo o estipulado na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE).




Copyright © 2006 CRS Asistencia Informática CRS Asistencia Informática. Deseño e desenrolo .