
Dende esta páxina facemos unhas ligazóns a diversas utilidades que poden descargarse sen limitacións ó seu computador.
Son aplicacións moi coñecidas e utilizadas en todo o mundo da informática para poder facernos un pouco máis fácil
o manexo de arquivos no noso computador, así como para protexernos, no caso do antivirus. Son moi bos
programas, e o mellor de todo e que son ... de balde.
Para conseguilos, premer enriba do icono correspondente e aceder á páxina de descarga.
· Adobe Reader

O software de Adobe ® permite visualizar documentos en formato xenérico portable (.pdf).
En calquera plataforma e con variedade de aplicacións, o aspecto será o desexado, mantendo exactamente a presentación,
as fontes, as ligazóns e as imaxes.
· Adobe Shockwave Player

Con Adobe ® Shockwave Player, pode desfrutar de xogos multimedia, aplicacións de aprendizaxe e demostracións de productos na web,
utilizando a nova e apaixoante tecnoloxía 3D para animacións.
· FileZilla

Este cliente de FTP está gañando terreo paseniñamente debido a súa facilidade de uso e sobre de todo,
á súa fiabilidade e estabilidade. É unha aplicación de código aberto, o que fai que as actualizacións
e as melloras aparezan de xeito continuado.
· Google Earth

Un programa que revolucionou o xeito de ver o noso planeta, e tamén o Sistema Solar, pois este visor de imaxes da
Terra inclúe asemade na súa última versión unha carta planetaria. Unha aplicación orixinal e impresionante.
· Internet Explorer

Sen dúbida, o navegador máis extendido na Rede. Esta é a última versión do Internet Explorer, que posúe tódalas
características das anteriores, amáis de engadir algunhas funcións melloradas e novas opcións.
· Mozilla Firefox

O navegador de Internet que está a revolucionar a Rede. O primeiro que fixo que o Internet Explorer deixara de ser
predominante nos computadores de medio mundo. Cunha sinxela interface e múltiples complementos de navegación.
· Open Office

OpenOffice é a alternativa libre no mundo das aplicacións ofimáticas. Para competir inda máis co seu rival MS Office ®,
OpenOffice decidiu fomentar a compatibilidade para importación e exportación de documentos.
· Opera Browser

Móvete pola Internet cun navegador de altísima calidade. Opera é un espectacular navegador cheo de detalles e que está
acadando cotas de funcionalidade exquisitas, superando en moitas funcións ós navegadores máis utilizados.
· Picasa

Extraordinario e funcional, este administrador fotográfico de Google, tamén permite poder corrixir defectos nas fotografías,
e en varios formatos de imaxe. Unha moi boa e gratuita alternativa a outros programas xestores de imaxes.
· WinAmp

Utilidade que se distribue gratis e que permite escoitar cancións gravadas no formato mp3 ademáis doutros. Se vostede desexa escoitar
unha canción con calidade de CD, é preferible descargala ó seu computador e reproducila, a non ser que teña unha conexión
moi rápida a Internet.
· Windows Media Player

O reproductor de contidos audiovisuais Windows Media Player (WMP) está baseado na arquitectura DirectShow de Microsoft ®.
É un producto totalmente de balde e convertiuse nun dos reproductores de contidos audiovisuais máis populares da Rede.
· WinRar

Winrar é unha das mellores utilidades para comprimir e descomprimir arquivos. Soporta ficheiros de máis de 8,589 billóns de GBytes
de tamaño. O número de arquivos que pode manexar é prácticamente ilimitado. Dispón de múltiples opcións de compresión
e manexo de ficheiros que o fan especialmente potente e versátil.