Historia de Carreira



Realizado entre os anos 2004 e 2007, en decembro deste último ano publicase a primeira edición do libro Historia de Carreira. A obra foi enteiramente escrita, deseñada, maquetada e supervisada por Fco. Javier Crugeiras Sampedro, logo de moitas xornadas de procura e estudo de documentación en varios fondos documentais do país, tales como o Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña), Arquivo Histórico Diocesano (Santiago de Compostela), Arquivo Histórico Universitario (Santiago de Compostela), Arquivo Municipal (Ribeira), Archivo General de Simancas (Valladolid), ou o Archivo Histórico Nacional (Madrid), entre outros..

O traballo de 141 páxinas en formato DIN A4, cunha encadernación en tapa dura cartoné con fotografías e táboas a toda cor, consta de once capítulos, que son os que seguen:

Historia de Carreira   · Situación xeográfica da parroquia
  · Da Prehistoria á Idade Media
  · A Idade Moderna e o século XX
  · Párrocos destacados de San Paio de Carreira
  · Os templos da parroquia
  · As construccións tradicionais
  · Carreira no ano 1753
  · Memorias
  · Os textos históricos

O libro pois, abrangue todo o espazo histórico coñecido e afonda nos achados arqueolóxicos presentes no termo parroquial, segue ata o medievo ca transcrición dalgúns documentos de interese, para rematar na época moderna onde se analiza o curato de diversos párrocos, a breve existencia do Ayuntamiento Constitucional, e remata ca decadencia económica e social da parroquia. Tamén afonda no Catastro de Ensenada, e fai un amplo repaso etnográfico sobre as construcións tradicionais e os templos relixiosos, todo elo documentado con gráficos, táboas e fotografías antigas e actuais.

Compre subliñar que, como broche de ouro, o libro conta cun prólogo asinado polo daquela Presidente da Real Academia Galega, o Exmo. Sr. D. Xosé Ramón Barreiro Fernández (In Memoriam), quen moi amablemente accedeu a colaborar ca súa valiosa aportación.

Comunidade de Montes de Carreira Tamén hai que destacar o apoio económico ofrecido pola Comunidade de Montes de Carreira, para acadar que esta obra puidera ser editada, así como ás numerosas aportacións de material gráfico por parte de varios veciños desta e outras parroquias da contorna.

Ata o de agora, o libro saiu en dúas edicións limitadas a 150 exemplares cada unha, con datas de decembro do 2007 e abril do 2008.


Datos da obra.

  · Título: Historia de Carreira
  · Autor: Fco. Javier Crugeiras Sampedro
  · I.S.B.N.: 978-84-8190-510-6
  · Dep. legal: VG-1314-2007
  · Editado por: Ediciones Cardeñoso. Vigo.


Bibliotecas.

As persoas que non puideron obter ningún exemplar desta preciada obra, e teñan interese por leela, poden consultala en calquera das seguintes bibliotecas:

Historia de Carreira   · Biblioteca Municipal (Ribeira)
  · Ateneo Valle-Inclán (Ribeira)
  · Biblioteca do CEIP Heroínas de Sálvora (Aguiño - Ribeira)
  · Biblioteca do CEIP de Frións (Carreira - Ribeira)
  · Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
  · Real Academia Galega (A Coruña)
  · Biblioteca Xeral Universitaria (Santiago de Compostela)
  · Biblioteca pública Anxel Casal (Santiago de Compostela)
  · Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
  · Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela)
  · Biblioteca Nacional de España (Madrid / Alcalá de Henares)
  · The Library of Congress (Washington D.C. - USA)
  · The British Library (Londres - UK)


Información en medios públicos.

Descargar arquivo en formato .pdf
   Nova na Voz de Galicia. 23/12/2007.
   Descargar o arquivo correspondente (PDF - 56 kb).

Descargar arquivo en formato .pdf
   Nova en Certo, o xornal do Barbanza. Decembro 2007.
   Descargar o arquivo correspondente (PDF - 72 kb).



Historia de Carreira