Parque natural do complexo dunar de Corrubedo
Aspectos xerais deste espazo natural.
  
O Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, situado na península do Barbanza, nos termos 
parroquiais de Carreira, Artes, Olveira e Corrubedo, con 996,25 ha. de superficie terrestre, supón sen dúbida un dos enclaves 
máis siñificativos e valiosos do patrimonio natural de Galicia.
 
 Foi declarado oficialmente parque natural o 5 de xuño do 1992, logo de moitos anos de reclamación deste status por varios 
colectivos ecoloxistas e naturalistas desta terra. Asemade, os espazos húmidos tamén forman parte da Convención Internacional 
de Ramsar dende o ano 1993.

Un parque natural é «unha superficie do territorio pouco transformada pola explotación e ocupación humana que, en razón da 
beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas, a singularidade da súa flora ou da súa fauna así como 
das súas formacions xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polo que a súa conservación 
merece unha atención preferente», e así aparece descrito na Lei 4/89 do 27 de marzo.
 O entorno natural ten nos areeiros do parque o seu maior atractivo para o turismo, como se demostra cada tempada de estío na masiva 
afluencia de bañistas ós mesmos. As praias do Vilar e máis a da Ladeira, preto das famosas dunas de Olveira, son as que mellor acondicionadas 
están, e contan dende fai uns anos ca bandeira azul que as distingue a nivel mundial pola calidade das súas augas e servizos 
complementarios ós visitantes.

Outros atractivos do parque son as grandes dunas de area e máis as súas reservas ecolóxicas, que teñen nas lagoas de Vixán 
e máis do Carregal os seus máximos expoñentes, sendo estes uns dos máis valiosos ecosistemas naturais de Galicia.
 A lagoa do Carregal situada entre as parroquias de Artes e de Carreira, consta dun embalsamento de auga que comunica co mar por 
medio dun conxunto de canles, os cales ó encherse ou valeirarse en función do réxime intermareal, forman unha grande marisma que 
desemboca no océano nun grande espazo de area chamado O Río do Mar. As augas deste brañal son salgadas, inda que na súa parte 
alta están mesturadas con bolsas doces que chegan por medio dos regatos que desembocan nela.

A lagoa de Vixán situada un pouco máis ó interior que a do Carregal, no termo parroquial de Carreira, 
consta dunhas características ecolóxicas algo distintas, xa que ó estar formada por auga doce, presenta comunidades 
de prantas doceacuícolas e un grande carrizal. Asemade, esta lagoa está rodeada case que por completo de terreos 
de cultivo que veñen a complementar ó resto da vexetación. Esta poza ten unha profundidade máxima de dous a tres metros 
en épocas de chea, e comunica co mar por medio dun pequeno río que se forma só en períodos equinocciais, desembocando 
no extremo sur da praia de Anquieiro, nas pedras chamadas A Laxe da Lagoa.
 Esta grande cantidade de hábitats tan diversos, son propicios para que haxa asentados neles unha variada cantidade de pequenas 
especies animais nas que podemos destacar ata dez especies de anfibios e catorce especies de reptís entre outras. 
En canto á variedade ornitolóxica que se asenta neste ecosistema, podemos situala segundo os diversos espazos diferenciados como 
son as marismas e lagoa do Carregal, a lagoa de Vixán, a zona mariña da costa ou o monte. Así temos respectivamente aves como o 
mazarico, pírula, gaivota, alavanco, somorgullo, porrón, corvo mariño, mascato, galiñola, pilro, ostreiro ou martín peixeiro.

E xa en terra firme, a miñata, cernícalo, moucho, curuxa, gavián, azor, xílgaro ou o paspallás. Outras especies que frecuentan esta reserva natural 
están representadas por animais como o raposo, xabarín, coello, ourizo, teixugo, esquío, xeneta, marta, donicela, furatoxos, ou a xa 
desaparecida lontra, que desgraciadamente e rexeitados pola presión humana van indo a menos.
Compre salientar tamén que no entorno do parque natural áchanse espallados varios enclaves ben diferentes ós anteriores, pero non 
menos interesantes, como poden ser as ruínas do castro do Porto de Baixo, os muíños de auga do río de Amendo, ou a vella mina 
abandonada de wolframio, preto da praia do Vilar, a cal serviu na época da Guerra Civil para fornecer de materia prima á industria 
bélica, así como a canteira do Vilar, que logo de ser abandonada nos anos setenta, converteuse por medio natural nunha pequena 
poza chea de vida animal, onde podemos desfrutar co ciclo de vida dos anfibios amáis de contemplar outras especies como poden 
ser serpes, coellos, píntegas, esquíos, etc.
Desafortunadamente, este espazo natural non está sendo xestionado como debera polos organismos competentes, e proba delo é o 
total estado de abandono do mesmo que se xustifica na actual escaseza de fauna e no constante deterioro medioambiental da 
lagoa de Vixán, que pasou en poucos anos a estar prácticamente baleira de parrulos, e a estar chea de carrizo, poñendo en 
perigo a súa supervivencia como tal.