Novas de actualidade
Cumprimos dez anos.
· Carreira, 20/08/2010
O día 5 de xullo do ano 2000, sae publicada no vello servidor de Geocities, a primeira portada en probas desta páxina informativa. Pouco despóis, o día 30
de agosto dese mesmo ano, a versión definitiva traducida a tres idiomas. Non será ata o 1 de outubro do ano seguinte cando acade o dominio
definitivo de primeiro nivel carreira.info.
Esta páxina que naceu como un exercicio práctico de programación HTML no C.F.M. de Bamio (Vilagarcía), rematou sendo un sitio de información sobre
a parroquia de San Paio de Carreira que foi crecendo paseniñamente, ata ser un referente informativo no Concello de Ribeira e bisbarra do Barbanza,
grazas ó traballo altruista do seu único autor, e máis a pequenas colabracións dunhas cantas persoas.

Dende o día 18 de marzo deste ano 2010, tamén estamos baixo o dominio de primeiro nivel carreira.gl.
Un cordial saúdo e agradecemento a toda a xente que nestes dez anos nos visitóu dende diversos lugares do planeta de parte do autor/editor desta páxina.
Os lumes voltan ós montes da parroquia outro ano máis.
· Carreira, 16/08/2010
Este luns ó mediodía, pola zona que vai dende o Agro de Cuña ata o Vilar, nos terreos do parque natural onde están os antigos muíños de Amendo,
comezóu a estenderse un lume que tardou todo o día en ser apagado polos grupos contra incendios da zona. As poucas árbores que ainda quedaban en
pé e máis a grande cantidade de toxeiras, silveiras, xestas e toda clase de maleza foron totalmente destruídas polas lapas.
Como ven sendo costume nestas épocas de estío, sobre de todo cando máis apreta o vento do nordés, os lumes voltan a facer a súa
aparición por tódolos cornechos de Galicia, a nosa querida Galicia. Esta parroquia non vai ser menos, pois de tódalas cousas malas que hai,
sempre nos toca unha parte, non así das boas, eso sí que brilla pola súa ausencia.
Nunca se sabe como nin por qué se producen os lumes, o que sí se sabe é que habelos, hainos.
Ver imaxes no Diario Certo: http://www.certo.es
Novos parques biosaudables para Carreira e Castiñeiras.
· Ribeira, 02/08/2010
As parroquias de Carreira e de Castiñeiras, contarán a partires do vindeiro outono de senllos parques biosaudables. Así o confirmou o equipo
de Goberno Local, dentro dos seus obxectivos de que tódalas parroquias que forman este Concello poidan contar con alomenos un deles.
Con estas novas actuacións, o Executivo Local pretende seguir avogando pola calidade e benestar dos nosos maiores, instalando para eles
uns aparatos específicos nos citados parques, cos cales poidan facer exercicios físicos.
Ver nova no Diario Certo: http://www.certo.es
Unha nova peña dorneira ao asalto!
· Carreira e Aguiño, 15/07/2010
A resientemente creada República Federal dos Estados reunidos de Karreira e de Ajiño, acaba de ver como é lejalisada a súa peña As Llapras do Stop,
logho de sinko anos de singhladuras dorneiras onde non asestaban a Constitusión establesida.
Unha ves calmadas as aujas e aprobados (copiando) os exames de patrón correspondentes, a Real e Ilustre Confraría da Dorna
dou por boa a asetasión deste sento de dorneiros e a súa inclusión de facto na sitada organisation.
Asi pois... estes dous pobos irmáns atacarán a siudá sentenaria de Ribeira cas súas mellores armas; a saber, carrilanas, cansións de taska,
juatekes, aparellos voadores, embarcasións feitas á machada, e sobre de todo... juarisnais!!!. A pasalo ben, e con sentidiño...........
Ligazón á web das Llapras: http://www.aguiño.com
Ligazón á web oficial da festa: http://www.cofradiadadorna.com
Excursión ó Baixo Miño.
· Carreira, 21/06/2010
A Asociación de Veciños de Carreira organiza unha excursión ás terras do Baixo Miño o vindeiro domingo 11 de xullo, onde se visitarán
os lugares de Baiona, A Guarda, Monte de Santa Tegra, o Monte Aloia e a catedral-fortaleza e casco antigo de Tui. A saída terá lugar
na capela da Guía ás 9 da mañán, e a chegada será arredor das 23 horas do mesmo día.
O prezo é de 10 euros para os socios da Asociación e 12 euros os non socios. As persoas que desexen anotarse, poden facelo no Supermercado
Gloria ou ben chamando ó número de teléfono 630 858 494. A comida non vai incluída e correrá a cargo de cada persoa.
![]()
Ver folleto informativo.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 53 kb).
Novo proxecto da UPD Barbanza-Noia.
· Carreira, 20/06/2010
A UPD do Pacto Territorial de Emprego Barbanza-Noia presenta o seu novo proxecto denominado: OFERTAS NUN CLICK.
Trátase dunha iniciativa na que todos os establecementos comerciais e hostaleiros das comarcas de Barbanza e Noia poderán participar.
Contarán con promoción gratuíta a través do noso novo blog e a maiores poderán publicitar un máximo 3 produtos e/ou servizos
(as ofertas terán unha duración de 15 días, ampliables a elección do propio establecemento).
Ligazón á web: http://barbanzanoiaonline.wordpress.com
![]()
Ver nota de prensa.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 122 kb).
Nova edición da festa do San Xoán, no lugar do Cruceiro.
· Carreira, 05/06/2010
Como ven sendo costume dende os anos 80 do pasado século, este ano volta a celebrarse unha nova edición da Festa do San Xoán.
A noite do 23 ó 24 deste mes de xuño voltará a ser máxica no lugar do Cruceiro, pois a partires das 9 da noite haberá unha grande sardiñada e
churrascada, para completar de seguido ca actuación do grupo Reflejos, con Débora Silva, sobre as 11 da noite. Eso sí, non estará de máis
acompañar todo esto cuns bos viños do país. Agardámosvos.
Lugar do Cruceiro, Carreira (Ribeira). Luns 23 de xuño a partires das 21:00 horas.
V Muiñada de Amendo.
· Carreira, 04/06/2010
"Vale máis unha terra con árbores nos montes, que un Estado con ouro nos bancos". Castelao.
O vindeiro sábado 12 de xuño, a partires das 10 da mañá, no entorno dos muíños de auga de Amendo, no parque natural,
vaise celebrar a V Muiñada enxebre. Esta romaxe popular que cada ano vai crecendo en ambiente contará para esta edición cas seguintes
actividades:
· Exposición fotográfica da Muiñada 2009
· Explicación do funcionamento dos muíños
· Reparto de trípticos explicativos
· Andainas polo Parque Natural para tódalas idades
· Lendas e contacontos
· Levar comida para partillar e por na mesa común
· Actividades para os rapaces con Golfiño
· Actuación de Fogo Fatuo de Rianxo: gaitas, pandeiretas, baile, etc...
· Monólogo: TRISTE VIDA…!! por Bartolo
· Merenda e...Karaoke!!!
Pechado o prazo para inscribirse na VII carreira popular Virxe da Guía.
· Carreira, 13/05/2010
Pechado o prazo para anotarse na proba deportiva do día 17 de maio, esta edición terá o gran honor de contar con
deportistas de élite tales como o ex-olímpico Alejandro Gómez Cabral (Vigo), recordman en 10000 mts, maraton e media maraton;
Esther Pedrosa, campiona do mundo en 15000 mts, e en varias probas disputadas en Roma, Londres e Milan, e tamén do
marroquí Hassan Lekhili gañador do medio maratón Vig-Bay (Vigo-Baiona). Por suposto non nos esquecemos dos demáis
participantes ós cales agradecemos a súa presencia.
A proba terá o percorrido habitual, con saída e chegada na capela da Guía, pasando polos lugares de Vixán, A Graña, A Cerca, O cruce, Listres
e Campos.
· Páxina web oficial / RESULTADOS : http://carreira.info/virxedaguia.
· Lugar da proba: Carreira (Ribeira-A Coruña).
![]()
Folleto informativo de probas, premios e categorías.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 700 kb).
Rógase a tódolos conductores que pasen por estes lugares, que durante a proba, extremen a prudencia na súa conducción
nas estradas afectadas polo percorrido.
Presentada a VII carreira popular Virxe da Guia.
· Carreira, 29/04/2010
Organizada conxuntamente por Abraham Benítez e máis o Concello de Ribeira, acaba de ser presentada a VII edición da carreira popular
Virxe da Guía. Ó igual cas anteriores edicións, terá a súa saída e chegada nos arredores da capela
da Guía, e constará de diferentes probas segundo idades.
Compre sinalar, que esta edición está adicada ó atleta ribeirense José Antonio Nespereira (na imaxe), pola súa excelente traxectoria deportiva.
Haberá premios para tódalas categorías consistentes en trofeos e máis en metálico. Para ver o cartaz anunciador, facer clic
na imaxe que acompaña esta nova (PDF - 700 Kb).
Para anotarse na competición, a organización pon á dispor das persoas interesadas, os seguintes medios:
· E-Mail: virxedaguia@carreira.info
· Páxina web oficial : http://carreira.info/virxedaguia.
Para ver a situación do lugar da proba, prema aquí.
A parroquia de Carreira cumpre 850 anos.
· Carreira, 28/12/2009
Hoxe 28 de decembro, a parroquia de San Paio de Carreira, xunto cas cinco restantes antigas parroquias históricas que forman parte deste Concello,
cumpre 850 anos desde que fora creada segundo un documento datado o día 28 de decembro do ano 1159, e que fai referencia
a unha doazón por parte do daquela rei leonés Fernando II.
Carreira, Artes, Olveira, Palmeira, Oleiros e Ribeira están de aniversario - Corrubedo era anexa de Olveira -. Antes desa data,
as correspondentes parroquias pertencían á grande parroquia altomedieval de Postamaricos, que aparece reflexada no Paroquiale Suevorum
(Divisio Theodomiri), documento este que daba conta da estructura e división territorial do Reino de Galicia, e subscrito polo rei
galaico-suevo Teodomiro no ano 569.
A partires do século XII, Postamaricos transfórmase en arciprestado para dar paso ás actuais parroquias, as cales tiveron as súas únicas
modificacións logo da creación das de Aguiño ó segregarse de Carreira (1959), e Castiñeiras ó segregarse
de Carreira e Ribeira respectivamente (1967).



