Termos e condicións legais



Cumprindo o establecido pola lexislación española na Lei de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), publicada no Boletín Oficial do Estado (B.O.E.) do 12 de xullo do 2002, o Propietario/Editor de carreira.info, publica este documento informativo:


Obxectivo do sitio.

O Propietario/Editor de carreira.info, desenrola, fai e publica o sitio por afección con fins educativos persoais e sen percibir beneficio económico algun das empresas ou institucións citadas no contido da páxina. O sitio carreira.info é unha páxina privada persoal que pode ser visitada por calqueira usuario da Internet e realizada sen ánimo de lucro onde se intenta dar a coñecer os aspectos principais da parroquia de San Paio de Carreira (Ribeira - A Coruña) en tódolos eidos culturais e informativos, xa que a mesma non dispón de páxina oficial publicada por ningunha institución legal correspondente, sexa Concello, Deputación, Goberno Autónomo, etc. Esta páxina foi publicada por primeira vez na Internet o día 30 de agosto do ano 2000.


Ligazóns.

As ligazóns ás que fai referencia a páxina carreira.info, son propiedade dos seus donos e están suxeitas as súas respectivas condicións específicas de uso, non sendo o Propietario/Editor de carreira.info o responsable do contido dos mesmos, como tampouco do uso que se faga deles.


Libro de Vistas e Foros.

Admitiranse tódolos comentarios que sexan insertados no Libro de Visitas e nos Foros, no caso de que se decidira publicalos e sempre e cando non constitúan delito de propagación de actos ilícitos ou fagan apoloxía de causas prohibidas pola lei vixente no Estado Español.
Calqueira persoa que desexe que se retire un comentario, deberá facelo constar ó enderezo de correo electrónico , indicando asemade e de xeito formal, a causa pola que desexa tal retirada.


Colaboracións.

Admitiranse tamén todo tipo de colaboracións que teñan como tema o relacionado ca páxina, esto é, información ou imaxes sobre a parroquia de San Paio de Carreira. Unha vez estudiadas estas colaboracións publicaranse na páxina ó seu debido tempo, e sempre de forma totalmente desinteresada por ámbalas partes.


Copia de datos.

Queda terminantemente prohibida a reproducción total ou parcial de calqueira tipo de contido deste sitio web (texto, fotografías, deseño, etc...), sen o permiso previo do Propietario/Editor da mesma. No caso de que o Propietario/Editor dera permiso, esta copia deberá indicar claramente e en sitio visible a orixe da mesma, así como unha ligazón permanente a esta páxina no caso de tratarse dun soporte informático.


Contidos.

Carreira.info é privado, pertence a unha persoa física e o seu Propietario/Editor non está suxeito a ningún acordo comercial ou de calqueira índole que lle obrigue a prestar determinadas clases de servizos xa sexan de balde ou de pago, e reservase o dereito de suprimir, cancelar, modificar e engadir calqueira tipo de servizo sen previo aviso e sen contar coa aceptación de ninguén.
No caso de que calqueira usuario considere que algun dos contidos de carreira.info vulnera os seus dereitos de propiedade intelectual, moral ou industrial, deberá facelo comunicar a , ca seguinte información: a) Nome, apelidos, D.N.I., teléfono, enderezo postal e enderezo de correo electrónico do afectado ou no seu caso, da persoa autorizada para actuar no seu nome.

b) Declaración por parte do reclamante na que afirme ser o titular dos dereitos supostamente infrinxidos, incluindo a súa firma, física ou dixital.

c) Descrición precisa dos contidos protexidos polo dereito de propiedade intelectual supostamente infrinxidos, así como a súa ubicación exacta dentro da páxina web.

d) Declaración expresa por parte do reclamante de que a utilización dos contidos fíxose sen o consentimiento do titular dos dereitos supostamente infrinxidos.