Novas de actualidade
Os límites territoriais de San Paio de Carreira.
· Carreira, 17/05/2012
Comezamos unha serie de artigos de investigación histórica que irán saíndo paseniñamente nesta web, e onde se intenta dar a coñecer aspectos
históricos relacionados ca nosa parroquia, e que ata o de agora nos eran descoñecidos.
Quen o desexe pode imprimilos, copialos, ou editalos noutra web, sempre e cando respecte o texto orixinal ademáis de acompañar os datos relacionados
co nome do autor e da web carreira.info.
![]()
Ver artigo de Historia de Carreira.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 300 kb).
Novas actividades da Asociación de Veciños.
· Carreira, 08/05/2012
Dúas novas actividades nos prepara a Asociación de Veciños de Carreira para os vindeiros días. A primeira delas é unha moi interesante charla sobre reciclaxe
e compostaxe, que será o vindeiro venres 11 de maio, a partires das 21 horas, na Casa da Cultura. Nelas intervirán membros do corpo de Protección Civil de
Ribeira, e contará ca colaboración do Concello de Ribeira.
A outra actividade, será unha excursión cultural a Mondariz (Pontevedra), o vindeiro domingo 20 de maio, onde ademáis do famoso balneario desta localidade,
tamén se fará unha visita ó castelo de Soutomaior, antiga residencia de D. Pedro Álvarez de Soutomaior e centro político de Galicia durante o século XV,
e máis ó castro de Troña (Pías - Ponteareas), declarado Ben de Interese Cultural dende o ano 2009. A saída será ás 9 da mañán, e a chegada arredor das
dez da noite.
Os prezos poden consultalos no cartaz adxunto. Para máis información, poden chamar ó teléfono 630 858 494.
![]()
Ver folleto informativo sobre a charla de reciclaxe e compostaxe.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 119 kb).
![]()
Ver folleto informativo do viaxe a Mondariz.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 421 kb).
Presentada a IX carreira popular Virxe da Guia.
· Carreira, 14/04/2012
Organizada conxuntamente por Abraham Benítez, a Asociación de Veciños de Carreira, e máis o Concello de Ribeira, acaba de ser presentada a IX edición
da carreira popular Virxe da Guía. Ó igual cas anteriores edicións, terá a súa saída e chegada nos arredores da capela da Guía, e constará de diferentes
probas segundo idades.
A proba deste ano estará adicada á memoria do atleta ribeirense Juan Vidal Pérez (na imaxe), en homenaxe á súa excelente traxectoria deportiva.
Como novidade, compre sinalar que esta edición estará cronometrada por Champion Chip, motivo polo cal as inscricións para a categoría absoluta terán un custo
de 3 euros. Para o resto das categorías inferiores, a inscrición seguirá sendo de balde. Haberá premios consistentes en medallas e trofeos.
Para anotarse na competición, a organización pon á dispor das persoas interesadas, os seguintes medios:
Categoría absoluta:
· Champion Chip : http://www.championchipnorte.com.
Categorías inferiores:
· Páxina web oficial : http://www.virxedaguia.org.
Para ver a situación do lugar da proba, prema aquí.
![]()
Ver triptico informativo da proba.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 1,6 Mb).
Excursión a Santo André de Teixido (Cedeira).
· Carreira, 08/03/2012
O vindeiro domingo día 1 de abril, a Asociación de Veciños de Carreira, ca colaboración do Concello de Ribeira, organiza unha excursión
a Santo André de Teixido (Cedeira). O itinerario completarase cunha visita á Serra da Capelada, o Castelo de Moeche e ós cantís da Herbeira.
Os prezos van dos 24 euros ós socios, ata os 28 ós non socios. Os menores 15 euros os socios, e 20 euros ós non socios.
Máis información no Supermercado Gloria, no teléfono 630 858 494 ou no enderezo de correo avvdecarreira@gmail.com.
![]()
Ver cartaz.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 369 kb).
Charla sobre reciclaxe.
· Carreira, 10/03/2012
O vindeiro venres día 16, na Casa de Cultura de Carreira, ás 21:00 horas, e organizado pola Asociación de Veciños de Carreira e ca colaboración do grupo
de Protección Civil de Ribeira e máis o Concello de Ribeira, vaise impartir unha charla sobre a correcta reciclaxe do lixo, a cargo de varios especialistas como son
Mariano Moares, Jonathan Romay e Mariano Martínez, membros do corpo de Protección Civil.
![]()
Ver folleto informativo.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 243 kb).
Xa fai 10 anos do "Centenariazo".
· Madrid, 6/03/2012
O día 6 de marzo do ano 2002 pasou á Historia do fútbol internacional como o día do Centenariazo. Aquela tarde noite, o partido de fútbol correspondente
á grande final da Copa de España (Copa de S.M. El Rey), entre o Real Madrid e o R.C.Deportivo da Coruña, tivo un desenlace inesperado, xa que o resultado
final do mesmo decantouse a favor da escuadra galega por 2 goles a 1, cando todo xogaba en contra do Deportivo.
O Real Madrid xogaba esta final na súa casa, o estadio Santiago Bernabéu, co cal o apoio da afección era moi superior ó dos seareiros galegos,
ademais do grande ambiente que se vivía por ser ese o ano no que o equipo blanco celebraba o seu Centenario, e que lle viña moi ben acadar este
título, xa que sería un exitoso trunfo para poñer un broche de ouro a esta tempada de celebración.
Ó remate do encontro, a escuadra galega logo dun partido moi disputado, acadou o seu segundo título de Copa de España, trofeo este que foi
erguido polo capitan do Deportivo, Fran González, o grande xogador de Frións, saído da canteira do Carreira C.F. uns anos antes, para chegar a darlle
ó equipo herculino os seus ata o de agora mellores momentos deportivos da súa Historia, como xa fixera uns anos antes o seu irmán Xosé Ramón,
outra lenda do fútbol galego. Algo que, sen dúbida algunha, debe de enchernos de orgullo a tódolos cidadáns de Carreira e de Galicia.
- Quen o diría non?, un de Frións levantando a Copa do Rei!
- Pois sí, por segunda vez.
Máis información:
O partido do Centenariazo: www.centenariazo.com
Festa de Entroido na casa da Cultura de Carreira.
· Carreira, 10/02/2012
O vindeiro sábado día 18 de febreiro, a partires das 5 da tarde, haberá unha grande festa de Entroido no entorno da Casa da Cultura de Carreira, situada no lugar
de Campos.
Haberá degustación de pratos típicos do Entroido e animacións variadas. Por suposto, prégase ir disfrazado.
Organiza a Asociación de Veciños de Carreira, e colaboran as ANPAS "A Guía" do Colexio de Pé do Corniño, "San Roque" do IES Leliadoura
de Frións e máis o Concello de Ribeira.
![]()
Ver cartaz.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 378 kb).
Unha boa lectura para comezar o ano 2012.
· Carreira, 06/01/2012
Inda que xa fai catro anos que foi publicado, o libro "Pro Mundi Beneficio: Los trabajadores gallegos en la construcción del Canal de Panamá, 1904-1914",
é unha obra da que deberiamos de sentirnos moi orgullosos tódolos galegos, e sobre de todo a xente relacionada ca parroquia de Carreira.
Neste libro, o carreirense afincado nos Estados Unidos de América, Juan Manuel Pérez Río, fai un estudio moi detallado sobre a construcción do Canal de Panamá
e dos miles de galegos que alí traballaron, contribuíndo deste xeito a acadar a posta en marcha desta grande obra de inxeniería que chegou a cambiar a Historia
da navegación transcontinental de xeito notable.
Máis penurias que alegrías as que pasaron os obreiros galegos, fannos lembrar o espiritu traballador que sempre tivo este pobo, todo elo narrado de xeito
maravilloso por Juan Manuel, o cal dende o seu traballo na Bibliteca do Congreso (Washington D.C.), foi quen de compilar toda a información que alí atopou
para dar vida a este volume, que dende aqui recomendamos de boa maneira.
Máis información: Ir á web da Fundación Barrié




