Os muíños do rego Paxariño
Igual ca os muíños do rego do Vilar, estes enxeños foron feitos entre os séculos XVII e XVIII,
e chegaron ata os nosos días en condicións bastantes malas.
Estan no curso do chamado rego Paxariño (Río de Arxinde ou Faxinde, arroio da Filgueira, ou rego Pasarou...),
que vai dende o cruce do Vilar ata o río de Listres en Aguiño,
onde se xunta con el antes de morrer na praia do Castro, antes chamada praia da Ribeira.
Ó longo deste arroio están tres muíños, máis outros dous que se aproveitan dun pequeno regato que
se xunta a este río e que ven dende o lugar de Laxes, sendo asemade os de máis recente
construcción, datada aproximadamente a mediados do século XIX.
Xunto cos do arroio de Laxes, fan un total de cinco, dos cales só o muíño de Cordas está en condicións de moer.